(A
modo de intro: non sei se alguen se lembra do Oso Formigueiro; era unha
persoaxe de dibuxos animados de segunda categoría, que saía no show da
Pantera Rosa ou da Formiga Atómica ou un
deses. O Oso Formigueiro era feo, malhumorado, malo e estúpido; unha das suas
características fundamentais era que non aprendía nada, nunca.Outra, que nunca facía nada a dereitas.
De
neno sentía unha afinidade especial co Oso Formigueiro. Por algún motivo, nos últimos
tempos, e despois de decadas sen lembrame dil para nada, volto a telo moi
presente.)
E
sen relación algunha, ou sí, co anterior:
En
contra da opinión xeralizada (da pouca xente que se toma a molestia de ter unha
opinión sobre mín, claro), eu fago bastantes cousas; o que pasa é que, en
xeral, fágoas ben mal.
Fago
cousas importantes: xogar con gatos que me honran coa sua amizade, escoitar a
John Coltrane (ahá, Crescent), intentar aprender a atarme os cordóns dos
zapatos… Fago cousas necesarias: ir ó super, ir a traballar, ir e vir en bus,
ir e vir en bus, ir e vir… Fago cousas intrascendentes: insultar ó Sr. Feijoo
cada vez que sae pola tele, asinar escritos pedindo tal ou cal cousa… E logo
fago estas outras cousas supostamente creativas, que non o son porque non está
na miña natureza crear nada, pero que a mín me entreteñen moito: xa sabedes,
toco a guitarra, escribo, artello discursos, e tiro fotos.
O da guitarra
non paga a pena nen mentalo; vos podo asegurar que a música que (des)fago vos
faría intensamente desgrazados. A guitarra non ten culpa de nada, que é unha
boa guitarra, honesta e xentil. Pero está claro que non me chamou Dios polo
camiño da interpretación musical. Como non carezo totalmente de sensibilidade,
e en ben da comunidade, toco moi baixo e
nunca en público (descontando á xente, humana e felina, coa que convivo, que xa
está acostumada e o levan bastante ben, dentro do que cabe).
O de escribir,
pois xa vedes vos. En tempos había xente que dicía que non o facía mal, e que
porqué non me adicaba a esto. Afortunadamente nunca lles fixen caso.
Probablemente era xente que non me quería ben, e que por algún motivo quería
que morrera de fame. Hai xente moi mala.
Os discursos
que artello son de exclusivo uso persoal e, ó igoal co cepillo de dentes, non
llos deixo a ninguén.
Pois, tirar fotos é a actividade (destas “creativas”) que mais satisfaccións
estame a dar últimamente. Boeno, satisfaccións e unhas considerables descargas
de mala ostia (estiven a piques de estampar a cámara contra o chan unhas vinte
veces, so no último mes). Pero as fotografías que estou a facer, sen ser
perfectas, nen sequer boas, probablemente nen aceptables, empezan a se achegar
a idea que teño na cabeza cando as fago. O cal non siñifica que a tal idea sexa
boa ou interesante, pero facer algo que
se asemelle inda que sexa de lonxe a algo que se tiña en mente é algo bastante novedoso para mín.
Como fotógrafo
(xa me dou títulos e todo, mira ti) son lento e anticuado; teño unha certa
tendenza ó dramatismo; son escasamente orixinal; non domino nen a cor nen a
composición; teño uns coñecementos moi rudimentarios de técnica… e inda así e
con todo, algunhas das fotos que estou a
tirar góstanme. Boeno, xa sabedes co menú nivel de autoexixencia non é moi
elevado.
(E dirá
alguén: “E qué? Un tipo non moi nos seus cabais ten un hobby e so pasa ben sen
meterse con ninguén? E xa está? Pero esto qué é, o guión dunha peli francesa de
última xeración?”, e terá razón. Pero a edade non perdoa).
Boeno,
vos deixo un enlace coa cousa ésta que teño no flickr (pronunciese flickr), e
quen queira lle bota unha ollada e logo mo conta .http://www.flickr.com/photos/carlosdeteisfoto/
(Veño de probala e funciona)
(Veño de probala e funciona)
Pero
(pero, pero, pero), porqué motivo eu, ou calqueira, fai fotos? Pra apresar un intre fuxidio da vida, conxelalo, e poder
velo despois con calma? Quizais sexa así nalgúns casos, pero na maioría non, penso. É unha inversión emocional pró futuro,
cando o fotógrafo intente artellar as suas lembranzas baseándose en imaxes
capturadas (fixádevos na palabra) moito tempo antes? Mmmm… Fanse fotos prá
amosar como percibe ún a realidade? E pra amosarllo a quén? A ún mesmo? Fotografíase
pra lle dar á realidade un valor estético ou poético ou social que ésta non
ten? Porque, a fotografía “captura” a realidade ou “crea” unha realidade nova? Ou
é un tipo de creación que vampiriza a realidade? Ou é, sen mais, outra mexada
de can, desas que imos deixando pra probar(mos) a nosa existencia?
(Este
é o tipo de chapa propia do Oso Formigueiro)
…
Outra
cousa. Non sei se saberedes que en Salvaterra de Miño fan dende hai xa ben anos
un Festival de Poesía. (Festival de Poesía do Condado). Eu, a verdade, nunca fun e probablemente non irei (xa
sabedes, debe estar cheo de poetas, artistas, xente intelixente con gañas de se
relacionar e pasalo ben e así, co cal eu estaría totalmente fora de lugar),
pero seméllame importante, necesario, que se faga e se siga facendo. Xente que
respeto e da que me fío di que hai que apoiar a xente que organiza o tal
Festival, que seica pasa por problemas (de pasta, non de iniciativa ou de
gañas). Así que están pedindo colaboracións, e o próximo sábado, día 24, faise
na Cova un acto de apoio. Volo digo porque estaría ben que fórades (o da Cova e
a Salvaterra). Vou intentar pór o cartaz;
E
xa está. Como a entrada ésta vai de fotos, non poño nengunha (lóxico, non?). E
tampouco poño video. Nen nada. Grazas pola vosa pacenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario