miércoles, 27 de junio de 2012

27 de xuño de 2012: 4 libros e outra cousa.

Boas. Veña, vouvos propor algúns libros pra intentar aillarmos un pouco da onda de calor, futbol, nacionalismo español e estupidez que ameaza con nos afogar estes días. Polo menos a mín.

-De David Foster Wallace, “La Broma Infinita”, espléndida obra sobre a adicción en xeral. Boeno, realmente é unha obra sobre case que todo. Este libro é o principal responsable dunha tendinite coa que andiven o ano pasado.  Asusta o tamaño (unhas 1.300 páxinas, aprox.), pero paga a pena.
-De Donald Ray Pollock, “Knockemstiff”, extraño título para unha novela de relatos cruzados sobre a América profunda, a metanfetamina e o divertido que é traballar nun matadeiro de reses, entre outras cousas. O seu xeito, un dos libros mais tristes que tiven ocasión de ler nos últimos anos e no que case que niguén reparou, por motivos que se me escapan.  
-De Philip Roth, “Pastoral Americana”, pra mín a sua mellor obra, inda que calquera dos seus libros  é recomendable. Semella un pouco ridículo falar de quen é e que representa Roth a estas alturas.
-De Michael Chabon, “Las asombrosas aventuras de Kavalier y Clay”, moi axil e dinámica, de un dos autores mais “en forma” da actualidade.

Os 4 libros teñen bastante en común: literatura norteamericana contemporánea (o mais antiguo é o de Roth, do ano 70 mais ou menos);  os 4 autores están en activo, por así decilo (David Foster Wallace faleceu hai dous anos, pero inda seguen a aparecer obras inéditas suas). Todos están dispoñibles na Biblioteca Central (ou Nodal) de Vigo.

Se queredes engadir algo, non vos cortedes.

Outra cousa. Este próximo sábado, a xente do “Espazo Aberto Antimilitar”, inmunes ó calor e á Eurocopa, organizan un acto no Calvario, en Vigo, a eso das 7 da tarde, para denunciar o gasto armamentístico, a industria militar, e especialmente a utilización deses chismes tan asquerosos que chaman “minas”. Se ides, pois nos vemos. Seica dan chuvia, aviso.

A foto de hoxe tampouco ten título, tampouco lle fai falla, e viría sendo parte da mesma serie que a anterior.

Saude.



domingo, 24 de junio de 2012

25 de xuño de 2012

Boas. Boeno, imos por a primeira entrada, a ver qué pasa.
A cousa esta consistirá básicamente en ir colgando fotos e rollos non necesariamente relacionados coas fotos. As fotos serán miñas, a non ser que diga outra cousa. A ver canto dura.
Non sei moi ben como funciona esto, pero se alguén ve o blog e lle apetece e pode facer algún comentario, pois que non se corte.
Alá vai a primeira foto, que non ten título (nen falta que lle fai).
Boas noites, e boa sorte.