Boas. Veña, vouvos propor algúns libros pra intentar aillarmos un pouco da onda de calor, futbol, nacionalismo español e estupidez que ameaza con nos afogar estes días. Polo menos a mín.
-De David Foster Wallace, “La Broma Infinita”, espléndida obra sobre a adicción en xeral. Boeno, realmente é unha obra sobre case que todo. Este libro é o principal responsable dunha tendinite coa que andiven o ano pasado. Asusta o tamaño (unhas 1.300 páxinas, aprox.), pero paga a pena.
-De Donald Ray Pollock, “Knockemstiff”, extraño título para unha novela de relatos cruzados sobre a América profunda, a metanfetamina e o divertido que é traballar nun matadeiro de reses, entre outras cousas. O seu xeito, un dos libros mais tristes que tiven ocasión de ler nos últimos anos e no que case que niguén reparou, por motivos que se me escapan.
-De Philip Roth, “Pastoral Americana”, pra mín a sua mellor obra, inda que calquera dos seus libros é recomendable. Semella un pouco ridículo falar de quen é e que representa Roth a estas alturas.
-De Michael Chabon, “Las asombrosas aventuras de Kavalier y Clay”, moi axil e dinámica, de un dos autores mais “en forma” da actualidade.
Os 4 libros teñen bastante en común: literatura norteamericana contemporánea (o mais antiguo é o de Roth, do ano 70 mais ou menos); os 4 autores están en activo, por así decilo (David Foster Wallace faleceu hai dous anos, pero inda seguen a aparecer obras inéditas suas). Todos están dispoñibles na Biblioteca Central (ou Nodal) de Vigo.
Se queredes engadir algo, non vos cortedes.
Outra cousa. Este próximo sábado, a xente do “Espazo Aberto Antimilitar”, inmunes ó calor e á Eurocopa, organizan un acto no Calvario, en Vigo, a eso das 7 da tarde, para denunciar o gasto armamentístico, a industria militar, e especialmente a utilización deses chismes tan asquerosos que chaman “minas”. Se ides, pois nos vemos. Seica dan chuvia, aviso.
A foto de hoxe tampouco ten título, tampouco lle fai falla, e viría sendo parte da mesma serie que a anterior.
Saude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario