jueves, 19 de junio de 2014

19 de xuño de 2014. Un día histórico/unha certa repuñancia.

Hoxe é un día de gran quebranto prós bazares chinos que abundan en gran maneira polas rúas de nosas vilas. A (humillante) eliminación da selección española de futbol do mundial vai ocasionar que unha cantidade inxente  de bandeiras, bandeirins e banderolas roxas e amarelas (vaia combinación) queden sen vender á espera de tempos mellores.  A mín, no particular, a tal eliminación non me produce nengún tipo de pesar, antes ó contrario, sinto un considerable alivio por me ter aforrado as estúpidas, ruidosas, vulgares e moi estresantes celebracións qu soen acompañar ós éxitos da tal selección.
Quizais os astutos comerciantes chinos pensen que o merchandinsing español pode ser reciclado con motivo da coronación que se vai celebrar, hum, vexamos, vaia, hoxe mesmo. Pero penso que vai ser que non: polo menos nesta cidade o que se percibe (percebe?) é unha certa indiferenza ante o histórico feito.
E iso que non é cousa de todolos días o de que os reis se coronen. Eu, sen ir mais lonxe, nunca asistín a coronación nengunha. E que conste que se me tivesen invitado tería ido a esta, especialmente se houber comida e/ou bebidas engadidas no convite.
Ben. O caso é que dende hoxe mesmo imos ter rei novo. Polo de pronto, non deron días festivos no curro, nen soltaron presos, nen regalaron gominolas polas principais ruas das vilas, ou sexa que mal empeza a cousa.
O rei novo (Filipe VI, o coñá é cousa de homes) non se sabe qué meritos ten pró cargo (non é o mais feroz da manada, nen o mais listo, nen ten o don da profecía, non arranca espadas cravadas en rochas, non ten marcas de nacimento como o Damien aquel da profecía, unha peli que molaba moito e daba moito medo que saía Gregory Peck  e xa me estou perdendo, a edade non perdoa). Retomamos. Boeno, que o rei éste novo que nos poñen vaino ser por ser fillo de quen é, e punto.
Pouco máis hai que dicir. Oficialmente, por decreto, porque sí, porque non quedan máis collóns, estamos tristes pola eliminación da selección de futbol, estamos agradecidos ó rei vello polo seu traballo durantes os últimos non sei cantos anos, estamos felices pola coronación do seu fillo como novo rei, estamos espereranzados co que nos depara o futuro.
Verémonos pola tele axitando bandeiriñas (mercadas en bazares chinos, por suposto) e sorrindo coma imbecís...

.


(Pesadelo núm. 1: Unha república galega presidida por Gayoso, o da TVG…)
As fotos son miñas. A de enrriba, por se alguén ten curiosidade, mostra un home mallando nun polbo recén capturado no Hío. Segundo afirmou, tiña co golpear 33 veces contra o chan, pra que o bicho estivese en condicións de ser plenamente comestible.

Vos deixo co meu tema preferido dos Berroguetto, que xa sabedes que se separan e tal. Ata a próxima.

miércoles, 4 de junio de 2014

4 de xuño de 2014. Yes, we can. Of course we do!

 Pois mira ti que pasan cousas últimamente, cousas importantes e tal, cousas ás que merecería a pena lles adicar longos e profundos estudos e analises e tirar brillantes conclusións. Por exemplo, sen ir mais lonxe, as eleccións europeas.

Así que, coa intelixencia, a precisión e a elegancia que me caracterizan, vos ben o sabedes, paso a desbarrar sobre a diversos temas. Espero que sexan do voso agrado.
Vou dar por feito que sabedes e inda vos lembrades co mes pasado houbo eleccións ó parlamento europeo. Boeno. Houbo xente que foi votar, e tiña boas razón pra elo, e houbo xente que non fumos,  e que tamén tiñamos boas razón, ademáis dunha preguiza considerable, un certo sentido da estética, e unha axenda moi ocupada. Non vos quero contar, pra non vos estresar, a cantidade de couas que fago eu un domingo pola mañá.
O mais suliñable das tais eleccións sería a perda masiva, e pronosticable, de votos por parte do PP e o PSOE (o raro é que inda saquen algún); a participación, que non foi tan baixa como era de esperar; e o sorprendentemente grande respaldo ó partido denominado PODEMOS.
(Tamén é de destacar que o día das eleccións merquei nun chino do barrio un artefacto quita-pelusas, coa finalidade de tiralos pelos do gato que últimamente adornan gran parte do meu vestuario. O gato é branco. A maior parte da miña roupa é negra. O gato perde pelo a moreas.  Conflicto. Hai anos ouvin a un psiquiatra, ou un psicólogo, ou un psicoanalista, ou un deses, dicir ca roupa negra indicaba co seu portador manifestaba de xeito inconscente un gran temor pola morte; non che digo eu que non.  O artefacto funciona así-así, a pesares de custar setenta e cinco céntimos, ou sexa que sigo lucindo pelos de gato albino pero menos. O chino tiña un sorriso extrano cando me empaquetaba o artefacto. E, sí, aparteime un pouco do que estaba).
O tal partido, cuio nome obanesco me produce unha grande repuñancia, vai ti  saber por qué, converteuse na cuarta forza mais votada do estado (home, diante da cousa de Rosa Díez, esto estivo ben), e nalgúns sitios na terceira.
Eu, que case que nunca exerzo o meu dereito ó voto , son, nembargantes, un gran aficionado a seguir ós resultados electorais. A noite post-electoral é, pra mín, o equivalente a Eurovisión ou un partido de champions ligui ou unha carreira de Fórmula Ún pra outras persoas, mais normais do ca mín, sen dúbida. E esta última foi descacharrante.  Os caretos dos portavoces dos partidos, que ou ben perdían votos a centos de milleiros ou non subían todo o que tiñan que subir (a cousa de Rosa Díez, por exemplo) desmentían as suas proclamas de euforia e triunfo (excepción feita do PSOE, cuios resultados impedían negunha representación triunfalista; non sendo Pepe Blanco, cuias manifestacións despois das eleccións son para enmarcar).
O único partido que gañou-gañou foi o tal partido, cuio nome vou intentar non escribir de novo polas confusas razóns que apuntei antes.
Qué sabía eu, ou qué cría saber,  antes das eleccións, do tal partido? Non gran cousa, a verdade. Qué tiña un líder moi “carismático” (bonita palabra sobre a que un día habería que falar cun coñá por medio), qué saía moito pola televisión en programas que eu non vexo. Que fora criado ó abeiro do 15-M e secuelas posteriores, que eu normalmente identifico con universitarios madrileños mosqueados por non poder traballar de inxeñeiros e levar o nivel de vida que por xustiza divina lles corresponde. Que tiña unha organización tipo asambleario, o cal, cando hai líderes “carismáticos”, tampouco ten gran relevancia. Que os seus militantes eran básicamente tipos novos, modernos, informados, informatizados e guais, que probablemente non fuman nen din palabrotas. Que se artellaba sobre todo ó redor do que se chama “redes sociais”, xa sabedes, qué vos vou contar. E que se presentaban a sí mesmos coma unha especie de rexeneración das institucións democráticas e de xusticieros non enmascarados do sistema. Supoño que o tal partido ten un programa (ata a Asociación de Veciños dos Bloques tivo un programa, unha vez), pero o descoñezo, e vouno seguer descoñecendo porque por principio non leo os programas dos partidos: a vida xa é de por ela triste, dura e curta de mais.
Boeno, esto é o que sabía do tal partido antes das eleccións; e, despois das mesmas, e do innegable éxito obtido polo tal partido, sigo a saber mais ou menos o mesmo, non sendo algo moi interesante dende o punto de vista sociolóxico e que demostra o moito que me podo chegar a equivocar ás veces: no estado español non hai tantos universitarios madrileños indiñados como votos sacaron Pablo Iglesias II e a sua xente. Hai moitos, pero non tantos. En Vigo (grazas a Dios) non pode haber milleiros deles. Quén, pois, votou polo tal partido?
Vaivos parecer raro, pero eu non coñezo a ninguén. Claro que eu non teño un círculo moi amplo de amizades, nen teño tuiter nen feibuk, e non quero perdelos poucos amigos que me quedan interrogándoos sobre as suas actividades electorais. Pero é de supór que xente máis ou menos normal, coma ti ou coma mín, mais ben coma ti, je, o tal día foron e guindaron papeliños co nome do tal partido en furnas, e hai que descartar unha intervención aliénixena (inda que estas cousas mellor non descartalas nunca por completo), ou unha intoxicación etílica asombrosamente profunda e extendida (o mesmo).
O mais lóxico é pensar que os cidadáns que votaron o tal partido intentaban expresar algo: o seu descontento cos partidos de poder tradicionais, a sua fascinación polo marketing new deal desenrolado por, ehem, PODEMOS, a sua intención, difusa e ambigua, de avanzar cara algures (?), a sua identificación coas ideas expresadas polo líder do partido en tertulias televisivas,  eu qué sei. Ou simplemente foi unha especie de broma.
O Sr. Iglesias apresurouse a declarar, pouco despois das eleccións, co partido que él lidera, ou representa, ou o que sexa, está preparado pra se facer cargo do poder, se os cidadáns o estimaran convinte. O cal ten mérito, tendo en conta co tal partido prácticamente non existe. Ou polo menos non existe do xeito que eu penso que existen as cousas.         
(Tede en conta que a miña avanzada edade, a miña escasa instrución, o consumo reiterado de sustancias non sempre recomendables prá saude e a miña idiotez endémica son factores nada desdeñables á hora de valorar a miña comprensión do universo e as suas regras.)
Pero a cousa non deixa de ser interesante. Un partido sen afiliados, sen locais, sen “cadros”, cunha escasa implantación, e cun forte respaldo electoral, cando declara que está capacitado prá exercelo poder, ou facer cargo dil (non lembro a frase exacta), qué quer dicir?
Tamen é interesante saber se o respaldo electoral vaise manter en eleccións “de verdade”, véxase municipais (pode ser un xolgorio examinalas listas de candidatos por Vigo ou por Cangas, mira, a este o coñezo eu, este é parbo, este non era mao, he), ou xerais. E pode ser moi divertido velo partido facendo real-politik, pactando ou non pactando cos partidos de todala vida, e tomando decisións que afecten á vida de persoas de carne e oso. E, por último, porque esto xa se está alongando de mais, tamén ten certo interés saber se o tal partido vaise seguer sustentando única e exclusivamente no discurso, a imaxe e a omnipresencia  do Sr. Iglesias (omnipresencia, non ovnipresencia, vale).
En todo caso, é de agradecer ó tal partido terlle dado algo de interés á habitualmente sumamente aburrida política estatal, e que ás próximas eleccións teñan un aliciente engadido.
Admito que como análese non é unha gran cousa, e que esta escritra fai moitas preguntas e non contesta nengunha, pero xa sabedes o que hai. Agradecería se algunha persona que teña votado o tal partido me explicara os seus motivos, sen dúbida lexítimos, razonabeis e ponderados, pra ter feito tal cousa.

Boeno. O gato está ben, o Sr. Iglesias está contento, hai milleiros de aspirantes a entrar nas próximas listas do tal partido por se cae algo, o rei (o de España, non o dos xitanos, que no meu barrio ten mais presenza e influenza) abdicou, pero xa teñen outro preparado, en Ucrania hai guerra, dentro de pouco hai un mundial de futbol (xa falaremos diso) e eu vos deixo o cartaz das actividades previstas pró Espazo Aberto Antimilitar pra este mes, en conmemoración e xubilosa celebración do 25º aniversario da declaración de insumisión por parte da MOC.


E boeno, se topo algo de música así un pouco vola pego aí.