Mais que vello (que sí), ou canso (qué tamén), síntome desgastado.
Coma as esculturas dunha vella igrexa de povo que, de tanto estar á intemperie, xa non se sabe a qué santo ou demo representa.
Ou coma unha moeda vella, que leva xa circulando tempo de mais e que xa non se sabe qué valor ten, qué se pode mercar con ela...
Ben. Seica algún sabio da
antigüidade dixo que era boa cousa o coñecerse a un mesmo, agora non me lembro
por qué motivo. Os sabios da antigüidade están moi sobrevalorados, crédeme.
Canto mais eu me coñezo menos me gusto, maís me aburro, mais renego de mín.
Desaparecer.
Non deixar rastro da memoria dun…
Boeno.
Sabedes quen era Lois Pereiro. Se non volo mirades en Internet, ou lle
preguntades a alguén. Pereiro escribiu o seguinte:
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise.
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise.
Tendo en
conta que Lois morreu no ano 1996 e que inda hai xente co lé e que reflexiona
sobre o que él escribiu, hai que pensar que polo menos ata certo punto
conquiriu o que se propuña…
Eu, pola
miña banda, non teño interese algún en deixar nada tras de mín (inda que foxe
quen, claro). A menos que infinitisimal e irrelevante amputación que sufrirá o
mundo coa miña desaparición (e extincinción total, supoño) será doadamente
esquecida. Dou por feito que estes cativos escritos, estas torpes homenaxes,
estas imaxes roubadas á realidade serán dalgún xeito dispersados polo vento no
seu día.
Emporiso
que non son, nen serei, artista.
As fotos
que acompañan son miñas, en todas sae o bateria L.A.R. Legido, e foron tomadas
durante o concerto-celebración que Sumrrá ofreceu na Praza da Constitución, de
Vigo, durante o pasado Imaxinasons.
E para que
non sintades que perdéchedes totalmente o tempo, deixovos algo realmente
especial: Voicings III , de Karolis Biveinis, compositor e pianista lituano
residente en Galicia; a voz é da habitual nesta páxina Mónica de Nut.
No hay comentarios:
Publicar un comentario