martes, 7 de agosto de 2012

7 de agosto. (Outro) proxecto inacabado.

Bos días. A foto de hoxe é a última destas cousas raras que veño poñendo, que a mín tanto me molan e que semella que non lle gostan a ninguen mais, pero é o que hai. Fixenna eu. Non ten título.

E..., boeno. Vouvos contar unha cousa.
Alá polo mes de maio tiven unha especie de febre de actividade; danme de cando en vez, e normalmente non pasa a cousa dunha leve excitación momentánea sen maiores consecuencias. Unha das cousas que se me deu por facer foi escribir unha novela curta, ou un relato longo, segundo se mire, refundindo diversas ideas que andaban dando voltas por aí, algunhas dende hai anos, e intentando artellar unha cousa sólida, sen moitas aspiracións pero que non dera moita vergoña. O título provisional do proxecto era “O Proxecto”. Je.
Por suposto, agora mesmo o proxecto está aparcado. Ou enterrado, mais ben.
De todolos xeitos, durante mais de dous meses estiven traballando no asunto  bastante intensamente, e, boeno, foi unha experiencia bastante interesante, e bastante agotadora (tendo en conta que normalmente empezaba a escribir as doce da noite).
Un dos personaxes da obra era (ou é?)  unha rapaza duns dezasete anos, teimuda, farruca,  arrogante, caprichosa, irritante,  bastante tola, e cunha incrible mala sorte. As duas semanas ou así de ter empezado o relato, a moza en cuestión, orixinalmente un personaxe importante pero secundario,  xa se convirtira no centro da acción. As catro semanas xa actuaba pola sua conta, sen apenas consultarme. Pouco despois xa me tiña rendido. O único auténtico que había no proxecto era ela; ela era “O Proxecto”.
A miña heroína colleu tanta entidade que un día sorprendinme intentando topala pola rúa do Príncipe, para lle dar un recado. Que foi cando decidín que o do proxecto me estaba sobrepasando un pouco e que conviña ca rapaza marchase de vacacións unha tempada.
Pero a verdade ca boto un pouco en falla. Quizais cando volte o frío…


Hoxe non vos recomendo nada pra ler (total, non me facedes caso ningún e a Biblioteca está pechada), pero os deixo aí enriba un video de 2us, un dúo de Santiago de Compostela moi interesante, facendo unha cousa que a mín me encanta. Este grupo está en activo e creo que toca bastante pola capital. .
A canción ésta (baile en el aire) está incluido no seu único, que eu saiba, disco, que debe ser do 2007 ou 2008, e que en conxunto está moi ben. Ademaís, ten colaboracións excelentes. 

(Espero que funcione o chisme este do video. Se non, sinto.)

Pois, mais nada por hoxe. Pasadeo o mellor posible. Se me queredes algo, mo mandades a carlosdeteis@terra.es o na cousa esta de "comentarios" que hai aquí abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario