viernes, 31 de agosto de 2012

31 de agosto de 2012. Pagando débedas.My Funny Valentine.

Estamos a piques de rematar agosto, un mes que  resultou tan preguiceiro como cabía supór, e prácticamente non actualicei a cousa esta, pero boeno, como tampouco se trata de un “blog de actualidade” pois tampouco pasa nada. Relax.
Para os fieis e pacentes seguidores deste sitio (algún haberá):  hoxe vos veño cunha entrada que seguramente saberedes apreciar. Ou non. Boeno, case que seguro que non. É igoal.  Vouvos facer partícipes  (como mola empregar algunhas palabras, eh) da miña devoción por unha canción que todavía é quen de emocionarme, dende hai uns vintecinco anos ca escoitei por primera vez (versión Sinatra).
 My Funny Valentine é unha canción composta por Richard Rodgers (música) e Lorenz Hart (letra) no ano 1937, e que forma parte dun musical estreado (seica con grande éxito) nese mesmo ano. Rápidamente converteuse nun dos mais coñecidos standares de jazz, tanto entre os músicos como para o público en xeral. Segundo a Wikipedia (inglés), o tema foi grabado por uns seiscentos músicos, e aparece nuns  mil trescentos albums. Non sei de onde tiraron eses datos.
 Supoño que todos coñoceredes, ou deberíades, unha boa chea de versións do tema, tanto instrumentais como vocais. Entre as primeiras eu quédome coas que fixo  Miles Davis en diferentes épocas e con diferentes formacións; outras destacadas son as de Keith Jarrett,  Bill Evans con Jim Hall, Gerry Mulligan con Chet Baker… Das vocais, as miñas preferidas son as realizadas por Frank Sinatra e por Nina Simone (non podía ser de outro xeito).
Na discografía de Ella Fitzgerald, Tony Bennett, Dianne Reeves, The Supremes… tamén podedes atopar excelentes versións da canción.
No cine, que eu me lembre, Michelle Pfeifer interpretabaa (e de paso me namoraba para sempre) en “Los fabulosos Baker Boys” (película moi recomendable, o meu xuizo, e non só pola memorable escena da actuación de Mrs. Pfeiffer enriba dun piano), e Matt Damon en “El talento de Mr. Ripley”.
A versión máis coñecida do tema é, probablemente,  a vocal de Chet Baker que aparece no album “Chet Baker sings” do ano 56; para moita xente, esta é “a versión”. De feito, hai quen cré que “My Funny Valentine” é de Baker. É unha fermosa interpretación, non hai dúbida, pero para mín está lonxe de estar entre as miñas preferidas.
A que sí está entre as mellores que teño escoitado nos últimos tempos é a que figura no disco homónimo (outra palabra que estaba desexando empregar polo menos unha vez na vida) do Mónica de Nut Trío, (integrado por tres (lóxicamente) grandes músicos en estado de graza, Mónica de Nut, voz e efectos, Paco Dicenta, baixo e arranxos, Virxilio da Silva, guitarra), do ano 2011.
A claridade, sensibilidade, elegancia e proximidade coa que o grupo aborda o tema é desarmante. Inda que feita con moito respeto polo patrón orixinal da canción, non se trata dunha simple exhibición técnica (que tamén), se non que se convirte nun vehículo expresivo de primeira orde para os tres músicos, que abrangue unha ampla gama de sensacións, dende a nostalxia,  a serenidade, a resiñación… A voz de Mónica é cálida, emocionada e emocionante, moderadamente dramática en ocasións. O traballo de Virxilio é discreto, cheo de matices, envolvente. Dicenta aporta un fondo sonoro impresionante… Unha grabación madura, redonda, que deixa unha sensación doce e salgada.
Boeno, vou ir parando.
Mais que nada, porque podedes entrar na páxina  www.monicadenut.com, e baixaros o disco de gratis, que ademais de “My Funny Valentine” inclue seis ou sete xoias de primeiro nivel, ademais de ver a cantidade de proxectos e iniciativas nas que está inmersa a cantante/actriz/perfomer/etc. de San Miguel de Oia, agora residente na capital. Boeno, eu baixei o disco e despois fun mercalo o bar “A Galería”, sabedes, na Ronda de Don Bosco.
E xa está. Remata a canción, e nós seguimos co noso, xa xabedes, encendemos un ducados, tomamos un café, comprobamos se chove, facemos unha chamada. Seguimos co noso, coma sempre facemos. Pero durante sete ou oito minutos o tempo se parou, ou xogou o noso favor, e o que chamamos vida é un pouco mellor, é un pouco pior, doe un pouco mais. E iso é moito.
Agora debería releer e correxir todo o anterior, pero mira, non o vou facer. Hoxe non.
A fotografía corresponde a actuación de Mónica de Nut na Praza da Constitución de Vigo a finais de xullo, fíxenna eu e a mín góstame.
E vos deixo un video de you tube que recolle a interpretación da canción que nos ocupa feita por Mónica e Virxilio da Silva nun local de Compos hai nada (se hai algún lector que chegara ata aquí e lle goste a guitarra de jazz –bastante improbable- disfrutara sen dúbida de todo o que fai Virxilio durante esta interpretación).
Pois nada, nos vemos nos bares ou nos piquetes, dependendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario