Un tipo novo, ben inda que
informalmente vestido, un tipo estudado, ambicioso, preparado, un tipo que so
coñoce de oidas o horror da xornada laboral de dez horas, o horror da cola de
desemprego, o horror de ter que dalas grazas porque te deixan respirar un día mais, o horror de
ter sempre medo, o horror das vivendas pequenas e con humidade e que nunca
semellan limpas, un tipo que non coñoce o horror e que aspira a gobernarnos,
nun acto público e multitudinario di que
“agradece os españois de mediana edade o ter traído a democracia a España”.
De nada, imbécil.
Deixovos unha cousa de Caxade, a ver que vos parece. Por suposto, Caxade non ten a culpa nen nada que que aparece aí enriba. Faltaría mais.
E, máis ou menos, a cousa foi
así: ía eu no vitrasa escoitando a Mingus a todo o volume que lle podo sacar o
cacharro de mp3 (que tampouco é tanto), e ollando distraido pola xanela o
deterioro urbano e humano modernos, cando un tipo o que apenas coñezo, o que se
di ocoñezodevista, entablou conversa conmigo. Por suposto intentei iñoralo,
pero ante a sua insistencia (abría moito a boca e facía xestos raros coas mans)
apaguei o cacharro de mp3 e con resiñación e teméndome o peor lle preguntei se quería algo da miña persoa.
E o que sucedeu a continuación foi tan extraordinario (tan sublime) que inda a
día de hoxe me pregunto se non estaría eu baixo o efecto dalgunha sustancia que
alterara a miña percepción da realidade ou algo semellante: coñezodevista
afirmou con total seriedade que acostumaba a ler as cousas que eu escribía; que
normalmente lle gostaban e lle facían moito chiste; que sabía que eu soia
escribir un resumo de actuacións e de
mellores discos do ano, e que este ano o botaba en falta; e se teña pensado
facelo. Tamén me preguntou onde mercara o sombreiro que eu levaba posto, e se o
C3 era o bus adecuado pra ir o Hospital Nicolás Peña (probablemente sección
atención mental), pero esto non ven ó caso.
Como non podía ser doutro xeito,
mireino emocionado (un tío que me lé? que se acorda despois do que leu? que
“bota en falta” unha reseña miña? ostias!), mentres sentía como os meus ollos
se humidaban. (se humidificaban…. se humedecían?) Dinlle unha forte aperta,
como a irmán retornado, mutilado e un pouco trastornado, pero retornado ó cabo,
das trincheiras da primeira guerra mundial, e tiven o impulso de invitalo a
cear, cousa que non fixen porque lembrei que levaba no peto un euro con setenta
e cinco céntimos, cantidade a todas luces insuficente prá unha diña inxestión de
alimentos. Así que lle ofrecín un pitillo, coa indicación de que non o fumara
no interior do autobús e que o gardara pra logo, e me comprometin solemnemente
a, ó seu debido tempo, escribir a tal reseña. Cando ocoñezodevista tivo que
baixar do bus, coa intención de facer trasbordo co C4, despedímonos con grandes
demostracións de afecto e bós consellos. E eu seguín ó meu, e él, supoño, o
seu.
Boeno, un compromiso é un
compromiso.
Cando as miñas numerosas
ocupacións (xa sabedes, a miña axenda social está repleta) me deixaron un
respiro, meditei sobre o ano pasado. Porque non sei se saberedes que rematou un
ano (o 2014) e empezou outro (o 2015). Un ano moi chungo en moitos aspectos, o
ano pasado. Pero, dende o punto de vista da música que se fai eiquí, nesta terra
esquecida, o 2014 non foi un mal ano en absoluto, especialmente en canto a
actuacións en directo se refire, ata ó punto de que, prá seleccionar algúns
concertos que reseñar eiquí, tiven que facer un certo esforzo, o cal me produxo
una lumbalxía da que inda me estou recuperando.
A miña
selección (que leva implícita a recomendación de que, se podedes, vaiades ver á
xente que cito) é a seguinte:
-Tiven a
fortuna de ver a Sumrrá (un dos meus grupos de cabeceira) nada menos que en
catro ocasións: duas no Teatro Ensalle (magnífico sonido, magnifica luz,
magnífico sitio), repasando discografía, unha na Taberna O Ricón de Cangas
(Paco, tío, é incrible o que pasa nese sitio os domingos pola mañá), adiantando
temas novos, e outra na Praza da Constitución, no Imaxinasons de Vigo,
concerto-celebración con invitados. Os catro concertos de Sumrrá estarían nesta
lista de “mellores concertos do ano segundo o tipo raro ese que escribe cando
se lembra”. Se vichedes algún desas actuacións estaredes dacordo conmigo.
-A presentación
que fixo Xan Campos do seu disco “Ectropía” no Rincón, en Cangas, foi
espléndida, irrepetible, máxica. Co Coro de Escola Municipal de Música de
Cangas, eu que seis, unhas vinte persoas, con invitados prá ocasión (Virxilio
da Silva, GdJazz, Max Gómez…), cun piano Steinway (que prá meter e sacar da Rúa
Cega foi un show), o tal concerto foi, sen dúbida, a ostia.
- Marcos Pin Factor
E-Reset, a big-band galega dirixida polo guitarrista Pin, fixo unha outra
magnífica actuación durante o Festival Internacional de Jazz e Blues de
Pontevedra, tocando, quizais por última vez, “Barbanza”. Un dos proxectos mais
intensos, de mais calidade e mais fermosos que ten alumeado o Jazz galego.
- E o deLucía
Martínez, ó frente do Berliner Project, nun repleto auditorio do Concello de
Vigo durante o Imaxinasons. A ver. Lucía, ademais de ser unha batería e
percusionista excepcional, de saberse rodear de enormes músicos e deixalos
tocar, de ser unha magnífica compositora, de ter unha sensibilidade e unha
intelixencia musical incribles, é quen de lle dar ós seus concertos unha
calidez, unha humanidade, un saber estar únicos. E, ademais, é moi maja.
Reseñables
tamén os dous concertos que lles vin a Crescent 4 (un na Galería, outro no
Contrabaixo), o do Iago Fernández Sextet no Rincón, prepresentación de disco,
Alberto Seoane trío , tamén no Rincón, Alberto Vilas en varios sitios e
circunstancias, Richard Bona, Eric Bibb e Robin MacKelle no Festival de
Pontevedra, Marco Mezquida e Riverside Quartet no Imaxinasons, Felipe Villar,
David Regueiro (no Rincón)…
Moita música, en
efecto. Posible grazas a sitios como o Contrabaixo, o Xancarajazz, a Taberna o
Rincón de Cangas, a Galería Jazz Bar, o Salason, tamén en Cangas, o Teatro
Ensalle… e a pervivencia de cousas como o Imaxinasons, o Festifolk de Vilariño
ou o Fstival Internacional de Pontevedra. Lamentar o peche do Hipólito, bar de
referencia jazzistica e cultural na zona de Travesas…
Mención
especial do xurado (premio “pero estas cousas inda pasan?”) ó concerto que
intentaron dar Virxilio da Silva e Mónica de Nut en Sanxenxo…
En canto a
discos (non me fagades explicar outra vez que cousa é un disco…), o do ano 2014,
pra mín é claramente ECTROPÍA, do XAN CAMPOS TRÍO (Xan Campos, teclado; Horacio
García, contrabaixo; Iago Fernández, batera. FreeCodeJazzRecords, 2014). Volo
oides e me decides.
(Aí enriba vos puxen unha foto do, insisto, magnífico concerto que Campos deu no Rincón, e un video de promoción do, reitero, magnífico disco Ectropía. De nada.)
E xa está. Era
iso.
E vou rematar
cun chamamento (e vos veredes se vos sentides chamados ou non): apoiade a música
en directo, especialmente a realizada pola xente de eiquí, e sobre todo a xente
que arrisca no creativo. E apoiade ós locais e a xente que segue a organizar
concertos, en ocasións pagando do seu peto ás perdas.
E, boeno,
ehem, seguer lindo esta cousa que eu fago.
Fotos tiradas ó longo do ano. Debería por un pé de foto ó lado de cada unha e tal, pero deume tanto curro subilas que xa estou aborrecido. Boeno, pois nos vemos. Feliz ano e tal. Coidadevos.
Boeno, a ver. O primeiro que sae é Xacobe Martínez Antelo, tocando con Sumrrá no Imaxinasons de Vigo; despois o batería Carlos López tocando no Xancarajazz; seguen Manolo Gutiérrez e Xacobe Martínez Antelo, Sumrrá no Ensalle de Vigo; Javier Marcos na Taberna o Rincón, en Cangas; L.A.R. Legido, Sumrrá, Ensalle; GDJazz, tocando prá Marcos Pin E Factor no Festival de Jazz de Pontevedra; Sés, na Praza da Constitución, en Vigo; o cantante de Cró!, na Taberna O Rincón; Eva, de Linda Guilala, en Santiago; unha dos membros de Why Go, no Rincón; Richard Bona, Festival de Jazz de Pontevedra; Carmen Rosende, tocando en La Galería Jazz Bar, en Vigo; o saxofonista Vincet Macián, no Rincón; Iago Fernández, José Manuel Díaz, L.A.R. Legido, unha balea de plástico, no Rincón; Robin Mackelles, no Festival de Jazz de Pontevedra; Carme Gallego, tocando prós Cempés, en Vilariño; Virxilio da Silva, Xan Campos, no Rincón; e Eric Bibb no Fesitval de Jazz de Pontevedra. Uf.
Pasea a sua tristeza polas ruas do
barrio como outros pasean o can. Non é unha tristura elegante, ou distinguida.
É unha especie de melancolía palleira, malfadada, esfameada, temerosa,
farrapenta.
Camiña dun xeito raro,
dificultoso, inclinado cara adiante, como se tivese presa e ó mesmo tempo non
tivera gana nenghuna de ir a donde sexa que vaia; coma se sempre tivera unha
ventoeira en contra.
Acostuma levar unha axenda ou
caderno con tapas de coiro verde nunha
man, e, na outra, unha bolsa do super chea de vai ti saber qué.
Disque foi maestro, que estivo
casado, que é do barrio pero botou moitos anos fora.
Afastámonos dil ó seu paso. A
soidade, a tristura, a miseria, son contaxiosas, todo o mundo o sabe: mellor
non achegarse, mellor non miralas sequer.
Mesmo os animais rexeitan ós que
están enfermos.
O home vai e ven, fai as suas
cousas. Un día desaparecerá e ninguén se dará conta, non sendo a dona da casa
onde vive ou a señora da tenda onde merca as catro cousas coas que se mantén.
As veces se para, mira o redor de
sí, abre a su axenda verde e, de xeito furtivo,
anota algo cun lápis exaxeradamente pequeno; logo continúa o seu
percorrido polas rúas do barrio.
Qué haberá escrito nese caderno… O mapa da soedade, os rexistros da demolición,
o rastro da extinción, os trazos da fuxidia identidade do vello maestro… Soños,
lembranzas, tolerías, apuntes, esbozos. Ou a lista da compra. O caderno
desaparecerá con él, en todo caso.
As veces se para, ergue a cabeza
e sorrí.
Sen que teña nada que ver co anterior (ou sí), Sumrrá interpretando "Minoría Absoluta", un dos seus mellores temas.
Mais que vello (que sí), ou canso (qué tamén), síntome desgastado.
Coma as esculturas dunha vella igrexa de povo que, de tanto estar á intemperie, xa non se sabe a qué santo ou demo representa.
Ou coma unha moeda vella, que leva xa circulando tempo de mais e que xa non se sabe qué valor ten, qué se pode mercar con ela...
Ben. Seica algún sabio da
antigüidade dixo que era boa cousa o coñecerse a un mesmo, agora non me lembro
por qué motivo. Os sabios da antigüidade están moi sobrevalorados, crédeme.
Canto mais eu me coñezo menos me gusto, maís me aburro, mais renego de mín.
Desaparecer.
Non deixar rastro da memoria dun…
Boeno.
Sabedes quen era Lois Pereiro. Se non volo mirades en Internet, ou lle
preguntades a alguén. Pereiro escribiu o seguinte:
Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise.
Tendo en
conta que Lois morreu no ano 1996 e que inda hai xente co lé e que reflexiona
sobre o que él escribiu, hai que pensar que polo menos ata certo punto
conquiriu o que se propuña…
Eu, pola
miña banda, non teño interese algún en deixar nada tras de mín (inda que foxe
quen, claro). A menos que infinitisimal e irrelevante amputación que sufrirá o
mundo coa miña desaparición (e extincinción total, supoño) será doadamente
esquecida. Dou por feito que estes cativos escritos, estas torpes homenaxes,
estas imaxes roubadas á realidade serán dalgún xeito dispersados polo vento no
seu día.
Emporiso
que non son, nen serei, artista.
As fotos
que acompañan son miñas, en todas sae o bateria L.A.R. Legido, e foron tomadas
durante o concerto-celebración que Sumrrá ofreceu na Praza da Constitución, de
Vigo, durante o pasado Imaxinasons.
E para que
non sintades que perdéchedes totalmente o tempo, deixovos algo realmente
especial: Voicings III , de Karolis Biveinis, compositor e pianista lituano
residente en Galicia; a voz é da habitual nesta páxina Mónica de Nut.
Un obispo (creo: vai vestido de cura e leva
un gorriño vermello na cabeza) africano bendice a fonte dos cabalos, fronte a
catedral. Uns minutos antes, unha rapaza que se está a buscar a vida estivo a
empregar o auga da fonte prá facer pompas de xabrón; inda antes, un tipo lavou
o can co acompaña, un can enorme e con cara de boa xente, na fonte. Pouco
despois un neno duns catro anos cae na fonte; centos de turistas lle tiran
fotos antes de que alguén se anime a sácalo.
É Santiago, o 25 de xullo.
Un monxe (dominico? Leva un hábito gris con
capucha…) sae da catedral e se senta nas escaleiras da Quintana a ver, e sobre
todo a escoitar, a proba de son que están a facer, a un volume intolerable, Los
Planetas, que van tocar na praza pola noite. Supoño que o home estarase a
preguntar que ten que ver aquilo co día do apóstol…
Parque de Bonaval, despois de xantar. Xente
tumbada na herba, sesteando, fumando porros, falándose ou acariñándose
preguiceiramente, as cousas que fai a xente. Seis policías nacionais entran no
parque, con aspecto de despistados. Dan unha volta por alí, falan pola radio,
miran os carteis indicadores do parque, se consultan uns a outros, se encollen
de hombros. Ó final lle preguntan a unha chica onde están, e como teñen que
facer para ir a Igrexa de Bonaval, que é onde se supon que teñen que estar. A
rapaza lle fai uns indicacións e os polis marchan. Dez minutos despois volven a
entrar no parque, e van consultar o mesmo cartel indicador de antes.
Mitín de Anova, na praza 8 de marzo. Beiras
pecha o acto cunha chapa que prometeu que ía ser breve, pero o home se embala e
comenza a largar sobre a revolución francesa, sobre os habitantes dos castros,
sobre un escritor arxelino dos anos coarenta e sobre o repuñante que é o Sr.
Feijoo (aí teño que lle dar a razón), e a xente xa vai tendo fame, pero o tío
está en vena, improvisando, e a ver quen lle di que pare. Pola rúa San Pedro,
que está alí ó lado, oense de pronto unhas voces, unscanticos, unha algarabía: son uns mozos
católicos rematando o camiño de Santiago, e van pasar xusto diante de onde está
falando o Beiras. Para mais coña, levan diante do grupo un estandarte ou algo
así cunhas cintas coa bandeira española. Pode ser divertido, penso, e preparo a
cámara. Pero un dirixente de Anova actúa con dilixencia, sube a rúa San Pedro e
fala co que parecer ser un cura novo e estar ó mando. Os rapaces católicos
calan e pasan de puntillas, case que se respirar, diante do mitin, nametras
Beiras nos ilustra sobre os conceptos de estado, nación, territorio, comunidade,
e sobre o tonto que chega a ser o Sr. Feijoo.
Uns tipos,catro ou cinco, ben vestidos, levan a cara tinxida de roxo. Ninguén lles
pregunta por qué.
Na tómbola, na que debe ser a festa mais
grande de Galicia, bastante xente se acumula para ver se lle tocou un perrito
piloto ou o que sexa que toque este ano. Unha señora con aspecto de francesa
(ou belga, ou luxemburguesa) berrea en francés que lle acaban de roubar a
carteira; ninguén lle fai caso, non sendo un paisano que lle di “señora, hai
que estar o que hai que estar”.
Un
grupiño de rapazas entran na catedral; levan pegatas feministas,camisolas en prol da volta dos presos a casa
ou de defensa da lingua. Unha delas vaise a confesar; leva unha bandeira
independentista a xeito de capa.
Bandeiras: galegas coa estrela, feministas,
algunha, poucas, republicana, bretonas, de Euzkadi, de Catalunya, moitas de
Palestina, unha negra. Pola mañá nas manifestacións e nos mitins, pola tarde
desparramadas por todo Santiago.
O mesmo obispo africano, que debe pensar que
todo o mundo que está nas inmediacións da catedral viu a algún acto relixioso,
bendice á xente coa que se cruza, cun sorriso de orella a orella; mesmo a un
grupo de quinquis que comparten un tetra brik e que o miran enre divertidos e
alucinados.
Hai cola pra entrar na cociña económica.
Cando eu era asiduo, o día do apóstol había menú especial, mais variado e
abundante. Un rapaz maqueado ó estilo gótico fala cun vagabundo nun idioma
inventando, mistura de italiano, inglés, galego e o que vaia saindo. O sol
anímase a sair, e a maquillaxe do rapaz comenza a facer grumos e a se derretir…
É Santiago, o 25 de xullo.
O oso formigueiro pasea, tira fotos, alucina...
(Sí, esta páxina estase a converter en autoreferencial...)