Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de septiembre de 2014

24 de setembro de 2014. Eu non son un artista, nen nada diso.

Mais que vello (que sí), ou canso (qué tamén), síntome desgastado.

Coma as esculturas dunha vella igrexa de povo que, de tanto estar á intemperie, xa non se sabe a qué santo ou demo representa.
Ou coma unha moeda vella, que leva xa circulando tempo de mais e que xa non se sabe qué valor ten, qué se pode mercar con ela...
Ben. Seica algún sabio da antigüidade dixo que era boa cousa o coñecerse a un mesmo, agora non me lembro por qué motivo. Os sabios da antigüidade están moi sobrevalorados, crédeme. Canto mais eu me coñezo menos me gusto, maís me aburro, mais renego de mín.
Desaparecer. Non deixar rastro da memoria dun…
Boeno. Sabedes quen era Lois Pereiro. Se non volo mirades en Internet, ou lle preguntades a alguén. Pereiro escribiu o seguinte:
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise.


Tendo en conta que Lois morreu no ano 1996 e que inda hai xente co lé e que reflexiona sobre o que él escribiu, hai que pensar que polo menos ata certo punto conquiriu o que se propuña…
Eu, pola miña banda, non teño interese algún en deixar nada tras de mín (inda que foxe quen, claro). A menos que infinitisimal e irrelevante amputación que sufrirá o mundo coa miña desaparición (e extincinción total, supoño) será doadamente esquecida. Dou por feito que estes cativos escritos, estas torpes homenaxes, estas imaxes roubadas á realidade serán dalgún xeito dispersados polo vento no seu día.


Emporiso que non son, nen serei, artista.

As fotos que acompañan son miñas, en todas sae o bateria L.A.R. Legido, e foron tomadas durante o concerto-celebración que Sumrrá ofreceu na Praza da Constitución, de Vigo, durante o pasado Imaxinasons.
E para que non sintades que perdéchedes totalmente o tempo, deixovos algo realmente especial: Voicings III , de Karolis Biveinis, compositor e pianista lituano residente en Galicia; a voz é da habitual nesta páxina Mónica de Nut.




jueves, 15 de mayo de 2014

14 de maio de 2014. A Nakba.


Hoxe, 14 de maio, Israel celebra e conmemora a sua creación como Estado independente. Os palestinos conmemoran e non celebran a Nakba. Este termo árabe poderíase traducir como “desastre”, “desgraza”, “catástrofe”, e con eles refírense ó desplazamento forzoso, á expulsión, ó éxodo da poboación palestina autóctona dos seus fogares, ocurrida no ano 1948 polo incipente Estado de Israel.
O número de desplazados oscila entre 520.000 (segundo Israel), 711.000 (ONU), 900.000 (fontes Palestinas). Admitindo as cifras da ONU, unha tercera parte destes desplazados instaláronse no exterior de Palestina en condición de “refuxiados”. Non se consideran refuxiados os palestinos que pasaron a vivir en Gaza ou Cisjordania, ós que se denominan desplazados dentro do propio país; de todolos xeitos, moitos palestinos “desplazados internos” no ano 48 foron de novo expulsados dos seus fogares en 1967, con motivo da Guerra dos Seis Días.
A cifra de refuxiados palestinos, e dicir, palestinos que viven no exterior do que foi Palestina, e sen posibilidade de regreso, e tendo en conta que a ONU considera refuxiados ós descendentes dos expulsados originarios  ascende a día de hoxe a catro millóns.
Pode semellar un pouco imbécil reseñalo, pero estes desplazamantos masivos de poboación debéronse principalmente ás masacres, abusos, violacións, crímes e ameazas cometidos sobre a poboación civil por parte dos grupos armados sionistas (Haganá, especialmente).
Boeno. Hai unha moi extensa bibliografía sobre o tema, miles de páxinas en Internet, centos de testimonios. Hai millóns de dólares investidos polo Estado de Israel, que hoxe está de cumpleanos, en intentar convencernos de que os palestinos abandoaron os seus fogares de xeito voluntario. Hai moito dor, moita inxustiza, moita miseria acumulada.
A posición actual de Israel con respecto ós refuxiados, ós que non lle consinte o retorno porque poría en perigo a maioría relixiosa e étnica xudea no país, queda ben reflexada no seguinte texto (vai en castelán porque é un recorta e pega e tal, e non estou para traduccións) :

"Los refugiados (palestinos) encontrarán su sitio en la diáspora. Los que puedan resistir vivirán gracias a la selección natural, los otros simplemente morirán. Algunos persistirán, pero la mayoría se convertirán en basura humana, la escoria de la tierra y se hundirán en los niveles más bajos del mundo árabe" Archivos de Estado de Israel. Ministerio de Asuntos Exteriores. Nº 2444/19. Citado por Kapeliouk (1987), p.21.
O 22 marzo de 2011 o Parlamento de Israel aprobou a chamada "Lei da Nakba" que penaliza a conmemoración desde día. Seixa esta prohibicion no só é aplicable ós palestinos. O que segue de outro "recorta e pega", extraido da páxina dixital da Voz de Galicai de hoxe. Vai e castelán, etc.

Israel sitúa al Parlamento gallego entre sus enemigos extremistas

El embajador en España recrimina a la Cámara autonómica por unirse «a los peores y más extremistas enemigos» del país hebreo con la aprobación de una declaración institucional

Escrito por:
Domingos Sampedro
Santiago  15 de mayo de 2014  02:33 GMT
Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas 45 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.
El Parlamento gallego, y probablemente a su pesar, acaba de abrir un conflicto diplomático con Israel debido a la declaración institucional aprobada la semana pasada, en la que se reconoce el «derecho al retorno» de los palestinos que fueron expulsados de sus tierras tras la guerra que siguió a la creación del Estado israelí, en 1948. El embajador de Israel en España, Alon Bar, no pasó por alto esta resolución y, a través de una carta, expresó su protesta enérgica por considerar que con el acuerdo refrendado de forma unánime por PP, PSdeG, AGE y BNG, la Cámara autonómica «se une a los peores y más extremistas enemigos de Israel» que solo buscan la «desaparición» del Estado hebreo.
Es el segundo año consecutivo que los grupos políticos representados en O Hórreo promueven una resolución institucional sin debate ni votación, aunque respaldada por todos, de apoyo a la causa palestina coincidiendo con la conmemoración del Nakba o éxodo palestino, que se recuerda cada 15 de mayo, hoy mismo, por ser el día en el que culminó la primera ofensiva de la milicia sionista que dio lugar a la declaración del Estado de Israel por Ben Gurión.
Resoluciones de la ONU
La escueta declaración del Parlamento, de cinco puntos, se limita a reclamar de la comunidad internacional que exija al Gobierno hebreo el cumplimiento de las resoluciones de Naciones Unidas, y el «respeto absoluto de los derechos humanos» de los palestinos, así como de sus derechos colectivos. Reconoce también -y este es el punto más controvertido- el «derecho al retorno de las personas e comunidades a las tierras y casas de las que fueron expulsados», exigencia amparada en las resoluciones de la ONU, pero de la que se desentiende Israel por considerar que sería una especie de suicidio nacional y el fin del sueño expresado históricamente por el pueblo judío a tener su propio lugar en el mundo.
El embajador israelí en Madrid, Alon Bar, reaccionó al acuerdo parlamentario remitiendo cartas de protesta a la presidenta de la Cámara, Pilar Rojo, así como a los portavoces de los grupos políticos gallegos y responsables de los partidos, como Dolores de Cospedal, secretaria general del PP.
En la misiva transmite su «sorpresa» por la declaración institucional aprobada por el pleno el pasado 6 de mayo, entre las que figura el reconocimiento al derecho al retorno de los palestinos desplazados. «Con esta exigencia -dice el embajador-, el Parlamento de Galicia se une a los peores y más extremistas enemigos de Israel». Y agrega que, con dicha resolución, la Cámara se sitúa «fuera del consenso de la Unión Europea sobre los parámetros del futuro acuerdo de paz entre los palestinos y los israelíes», así como de las posiciones defendidas por sucesivos gobiernos de España.
El precedente de Oleiros
No es la primera que el Estado de Israel mantiene posturas encontradas con algunas instituciones gallegas por el apoyo a algunas reivindicaciones del pueblo palestino. En el 2004 fue el Concello de Oleiros el que lanzó una intifada simbólica contra Israel cuando su alcalde, García Seoane, promovió una campaña publicitaria en la que calificaba de «bestia» al entonces primer ministro Ariel Sharon. Dicha campaña desató la furia del país hebreo y obligó al ministro Moratinos a desautorizarla. Desde aquel episodio, Galicia siempre proclamó su amistad con Israel condenando cada año en el Parlamento el Holocausto nazi de los judíos.

E así todo. Pra que alguén se confunda ó Parlamento Galego con algún tipo de extremismo ten que estar nas últimas. Oxalá sexa o caso.
Realmente, quedoume un pouco atrapallado todo esto. Prepareino moi encima da data en cuestión, vamos, o mesmo día, e as cousas saen como saen, e boeno, pero pareceume importante publicalo no mesmo día.  Deixovos cun poema-vía-youtube-que-lle-imos-facer de Rafeef Ziadah, refuxiada de terceira xeración.


Hoxe mesmo, as 20,30 horas, na librería Andel (Camelias, 102), Servano Barreiro, Moncho Iglesias e Manolo Pipas ofrecennos un recital poético-musical-fotográfico baixo o título "Volveremos a casa". Sinto avisar con tan pouco tempo...
Desta non van fotos. Un saúdo. Coidadevos.


viernes, 21 de junio de 2013

21 de xuño de 2013. Non digades que foi en van (a ostia)

Hoxe ímonos pór sentimentais (unha observación: o plural da anterior frase non siñifica que esto o escribamos entre varios, estaríache boa, nen que vós vos teñades que pór sentimentais, vos saberedes; e o que chaman plural maiestático, e é o que usan os reis, para que vexades en que plan veño hoxe).
Vale, empecemos de novo. Hoxe voume pór sentimental; aviso por se alguén, con todo o lexítimo dereito e en beneficio da sua saude,  decide deixar de ler eiquí. Non pasa nada, seguimos sendo amigos, se me ves pola rúa saúda, que eu cada día vexo menos.
Pois resulta que este sitio-blog-cousa cumpre un ano; parece incrible, pero é certo: estiven revisando os arquivos, e a primeira entrada foi o 30 de xuño do 2012. Vale, case un ano. Boeno, non é pra tanto, diredes, vaia unha cousa. Ai non. É a ostia. Así que me vou sacudir durante un anaco o manto negro de baixón que habitualmente levo nos ombreiros (coma un loro ruín de pirata), e voume celebrar. Eu me celebro e me canto, que dicía o outro.
Teño tabaco, café e almax. Estou escoitando a Guru (que o seu Deus o teña na gloria) a todo volume. Non hai nengún gato perto (hoxe teñen día libre), pero polo demais todo está ben (“una temperatura perfecta para la práctica del fútbol”, unha desas frases estúpidas que che quedan grabadas no cerebro dende neno).  Imos alá, pois.
Que este chisme-sitio-recuncho leve funcionando (é un dicir) dende hai un ano (trinta e tres, a edade de Cristo menos un mes, entradas, ésta incluida, unha chea de fotos, case que todas miñas, moitos videos de youtube, poemas alleos… ) é a ostia, e por unha única razón: que o fago eu.
Eu, que non son escritor, nen fotógrafo, nen, os deuses me axuden, poeta, nen sociólogo, nen político, nen sindicalista, nen militante de nada, nen crítico literario nen musical. Eu, que non teño estudos superiores (a única vez que pisei unha universidade foi nunha xuntanza da, perdón pola reiteración, Xuntaza Libertaria, para tratar un tema de presos e tal),  nen estudos medios,  e que hai décadas que esquecín, afortunadamente, os primarios. Eu, que non teño carreira profesional, senon un emprego, bastante asqueroso e non moi ben pagado. Eu, que non son moi listo que digamos, que non estou introducido en nengún “mundillo” (qué palaba mais repuñante, nunca me dera conta) de nengún tipo, que carezo, que vos vou dicir a vos, de calquer crase de talento. Eu, especialista en proxectos inacabados ou nen sequer comenzados. Eu fago esta cousa. Dende hai un ano. A ostia.
(É evidente que se os meus escritos ou as miñas fotos tiveran que pasar algún tipo de filtro editorial ou crítico ou comercial non existirían, ou polo menos ninguén tería acceso a eles.  O cal sería lamentable (pra mín sí, qué queres que che diga). Obxectivamente sería indiferente (un pouco mais ou menos de morralla no mundo é imperceptible, supoño), pero, boeno, a obxectividade, para mín,  é un concepto extrano e misterioso, e que lle den.)
Se tivera que facer unha valoración (vaia, non teño que facela, pero é que me apetece), sería contradictoria. Por un lado, a tal valoración sería mais ben negativa. Non me lembro porque empecei a facer isto, pero seguro que agardaba algún tipo de consecuencia, de reacción, de cambio, de intercambio: sexa o que fora, non se produxo.
Pero.
Mirade: se esta cousa sirviu pra que alguén se decidira a facer algo de creación persoal (“Se ese, que é medio parvo, fai iso, seguro que eu tamén son quén de facer tal cousa, e mellor”); se sirviu pra que alguén non esquecera, ou se replantexara, ou cuestionara, a problemática palestina ou os gastos militares; se sirviu para que alguén coñecera ou tivera un pouco mais presente a obra de xente da terra, xente orgullosa, chea de talento e de resistencia a unha época mais ben imbécil (a artesá PFM, o poeta Manolo Pipas, a inclasificable Mónica de Nut, os enormes músicos e poetas que habitan o país, cada ún ó seu  xeito); se alguén entrou en contacto co Espazo Aberto Antimilitar, ou co Ateneo Libertario de Vigo, ou a xente que promove o boicot cultural a Israel; se alguén se botou unha risa, ou se sintiu un pouco menos só, ou un pouco confortado (“vaia, hai xente algún anos mais imbecís ca mín”) lendo esta cousa; se alguén colleulle un pouquiño mais de amor á Lingua (a pesares dos estragos  que eu lle fago a cotío, sinto); se sirviu para facer unha lembranza colectiva do grande amigo que foi Miguel Carballido… Boeno, sesirviu   para algo disto… Ostia. Non dígades que foi completamente en van.
E vos vous dicir unha cousa: pegar letras unhas con outras, e construir frases que teñan sentido e que se acheguen un pouco á idea (por simple ou estúpida que ésta fora) que ún tiña na cabeza, boeno, iso fai que ún se sinta… ben.  E ás poucas veces que o que escribiche  ten música, que soa afinado, boeno,  fai que ún se sinta cheo. E se alguén o lé … qué queredes que vos diga, é (adivíñachedelo: este é o leiv-motiv desde texto), é a ostia.
Xa volo avisei: rollo sentimental. Longo, pesado, e mal escrito. Puro estilo Carlosdeteis.
Ós poucos pero extraordinariamente xentís, comprensivos e pacentes lectores deste  diario de frustracións: humildemente, grazas.
Houbo unha época na que me saquei unha pasta (pouca, pero tampouco tiñas moitas necesidades) adiviñando o futuro mediante a práctica da quiromancia ou botando as cartas, pero, admitámolo, era unha actividade lixeiramente fraudulenta:  son totalmente incapaz de predecir
nada. Así co futuro desta cousa é incerto. Pero, boeno, como todo-los futuros, non?

Xa sei que son coma esas visitas indesexadas, que sempre se están despedindo e nunca se abren, pero, ehem, é que levaba tempo sen escribir e quen sabe cando me porei de novo a elo, así que, a xeito de agasallo, de despedida (supoño que momentánea) e de recoñecemento, e para que non pasedes o día sen que leades algo de calidade, vouvos pór (sen o seu coñocemento, por certo) un dos escritos do poeta Lariño que mais me teñen gustado (podedes seguer a producción case que diaria no seu sitio envolventesaspalabras.info). Chámase regálaste un pouco escura, foi publicado o día 3 de maio deste ano, e vai así:

cada sorriso ou cada dor
cada grande ou miúdo sentimento
pinta o teu espirito dunha cor
e para acompañar os teus versos
tamén as veces ti te pintas
os cabelos os ollos os beizos
e regálaste en escuras fotografias
lariño
E xa está. A gata da fotográfía darriba é, contra o que poida parecer, boa xente inda cun pouco rara.  Á pingueira da foto dabaixo non a coñezo de nada. Ata mais ver. Coidadevos.

martes, 23 de abril de 2013

23 de abril de 2013. A esperanza está no inesperado: crónica visual dun concerto.





MONICA DE NUT e VIRXILIO DA SILVA.
TEATRO ENSALLE DE VIGO,
14 DE ABRIL DE 2014.





(...)



Resistir é ser conscientes da nosa vida e da nosa liberdade.

viernes, 12 de abril de 2013

12 de abril de 2013. Poesía e saliva.

        
   
A poesía existe a pesar nosa, a pesar, sobre todo, dos poetas. É inevitable, como a chuvia. Está aí, diante nosa, cada día. Existe, inda que probablemente perdéramola capacidade de reconócela ou de adiviñala. Ou eso quero crer.
            Existe, inda agora, nesta época idiota, nesta democracia de centro comercial, nesta terra de orgullosa vulgaridade sen límites, nesta sociedade de mediocridade elevada a modelo, nesta vida de teléfono móvil, de teletenda, de xa é primavera no Corte Inglés, de axustados horarios imposibles, de xuventude eterna e imbécil. Existe, ou eso quero crer.
            A poesía é un arma carregada de futuro, dicía Celaya. Probablemente sexa mentira, pero qué mais da. Na beleza sempre hai un compoñente de mentira, de engano, de espellismo. A beleza minte, igoal que o fermoso doe. Quizais por eso polo habitual  preferimos o vanal, o brutal, o estúpido, o vulgar, o mediocre.
            A maior parte de nós, admítámolo, somos cativos, insulsos, pobres. Non temos talento. Os nosos soños son dictados pola televisión (prá xeneración á que eu perteñezo; a radio, Internet ou o que veña agora cumpriron ou cumprirán a mesma función pra outras xentes). Queremos o que temos que querer: somos perfectamente previsibles. Conformamonos, adaptámonos, acomodámonos. A vida, sexa ou que sexa iso, acontécenos. Somos personaxes secundarias da nosa propia existencia, somos o telón de fondo necesario, somos a multitude que aparece no intre oportuno pra realzar o valor do heroe e a beleza da heroína (ou viceversa), somos prescindibles, intercambiables.
            Así somos, moitos de nós, case que sempre.
            Mais as veces sucede, porque sí, que unha voz, unhas letras xuntadas dun certo xeito, o movimento dun animal, unha lembranza, un cantar, unha imaxe, un xesto, eu que sei, completa a liña de puntos, o que sexa, fainos sentir que estamos no sitio e no intre adecuados, que somos propietarios da nosa existencia (“…son o amo do meu destiño, son o capitán da miña alma”, que dicía o outro). Que hai ocos no noso interior raramente habitados, e que semellan cálidos. Que hai selvas no noso interior salvaxes e indomables. Que en certo xeito, todo pagou a pena. Que a vida doe, a vida queima, a vida é doce e salgada. Que é nosa.
            Chámalle, por exemplo,  poesía a eso que sucede de cando en vez, e que un sinte confusamente, sen ser capaz de expresalo. E que os chamados poetas, que probablemente sinten o mesmo que calquera de nos, son capaces de converter en palabras. “Intermedian”, por así decilo, entre a poesía e nós. 
                       
Na tumba de Lois Pereiro está escrito:


Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

            O cantante do grupo Cicatriz, na sua derradeira actuación, xa moi enfermo e con muletas, achegouse ó borde do escenario  e xirouse a viseira, amosándolle o rostro estragado ó público. Dixo algo como “aproveitade agora que non ides ter  outra ocasión.” Unha chuvia de lapos asologoulle  a faciana. Foi un recoñocemento, un adeus, unha celebración. E, vale, un montón de cuspe. Supóñovos familiarizados cos rituais punkis.
            Poesía?
           
            Védes por onde vou?
            ---
(Longo, confuso, coñazo e sen obxectivo: ésta é, sen dúbida, e de novo, a páxina de carlos, ún de teis, o único culpable do que eiquí pase. )
         ---
     



       Boeno, inda ca miña vida social consiste básicamente en rascarlle a cabeza a algún gato coñecido (que se deixe), as veces salgo a alternar (jeje), e vou a algún concerto que outro. O mes pasado tiven o pracer de ver no Teatro Principal de Pontevedra a Joao Mortagua, incríble (polo bó que é) saxofonista portugués, acompañado por Paco Charlín, Xan Campos, Iao Fernández e Max Gómez. O concerto foi excelente. E xa estou farto de pór adxectivos encomiásticos. Por si alguén quedou con gañas de ir, vai un video-vía-youtube que recolle parte do tal concerto.



E xa está. Recuperando a normalidade.

viernes, 25 de enero de 2013

25 de xaneiro de 2013. Apuntes sobre Palestina. Hadeel.


Hai uns anos era un motivo de discusión ou de diálogo habitual o de “sabían os alemans ou non o qué estaba ocorrendo nos campos de concentración?” (Os alemáns que non eran guardiáns dos tais campos, nen membros das SS ou altos cargos do partido nazi, se entende). E, no suposto de que sí o souberan, “como é que non fixeron nada pra intentar impedilo?” Xa vos digo, era un tema do que se falaba bastante; mesmo hai algunha película e algunha obra de teatro que tratan do asunto.
Dende logo era un xeito ben tonto de plantexar un problema moi complexo, pero que daba pé a, ás veces,  rematar falando de cousas moi interesantes (a responsabilidade persoal, a “obedencia debida”, o dereito a rebelión, e outras). Por suposto, a maioría das veces a cousa quedaba nun par de lugares comúns sen maior alcance.
“E, se o sabían, como é que non fixeron nada para intentar impedilo?”
Hoxendía, sabemos, se queremos, o que está pasando en Palestina. Sabemos dos asasiñatos, selectivos ou aleatorios. Sabemos das casas derrubadas, da terra roubada, da auga desviada pra que non chegue as aldeas, dos cultivos arrincados. Sabemos das mulleres esterilizadas á forza. Sabemos dos muros de seguridade que parten vilas pola mitade. Sabemos dos controles de seguridade diarios pra ir ó traballo, á compra, á escola, e para voltar á casa. Sabemos dos detidos sen xuizo e en condición inhumanas. Sabemos do bloqueo a Gaza, e do que pasa cando alguén intenta rachalo. Sabemos dos milleiros de refuxiados que non voltarán o seu país, dos milleiros que  xa morreron lonxe do fogar.
Sabemos que nas campañas electorais de Israel se prometen mortos palestinos para subir nas enquisas. Sabemos que se incumplen, unha tras outra, as resolucións da ONU, e que á “comunidade internacional” lle da o mesmo. Sabemos que a constante implantación de novas colonias ultraortodoxas no territorio palestino é unha mensaxe clara do goberno israelí: isto vai continuar así mentres nos queiramos.
Sabemos, ho, sabemos. Claro que sabemos. Dende hai moitos anos, dende hai moitos abusos, dende hai moitos mortos.
Quero pensar que haberá xente no futuro que se preguntará “E cómo é que non fixeron nada para intentar impedilo? Como se podían mirar no espello? En qué estaban pensando?”
E qué poderíamos argumentar no noso favor?   
Pouca cousa, a verdade.
A chamada “comunidade internacional” podería facer algo, pra variar. Podería, por exemplo, conxelar as contas de Israel no extranxeiro; podería ditar orde de busqueda e captura contra todolos integrantes dos sucesivos gobernos israelís, e dos mandos das suas forzas armadas; podería suspendelo comercio con dito país; podería afastar a Israel de todo evento deportivo ou cultural internacional;  poderíase aplicar a Israel o mesmo control sobre armamento nuclear que se lle quere impor a Irán; podería crear un corredor humanitario cara Gaza … poderíase, en fin, intentar facer cumprir as resolucións da ONU. Pra variar.
            O pobo xudeu ten sufrido moitísimo. Habería que ser moi miserable pra iñorar ou menosprezar este feito. Pero de nengún xeito pode esa tremenda dor xustificar a política de apartheid e opresión que leva a cabo o Estado de Israel sobre o pobo palestino dende hai seis décadas. Penso que esa política é un insulto á memoria dos seis millóns de persoas xudeas asasiñadas polo réxime nazi e os seus aliados.
           
            Pódese facer algo agora e dende eiquí (tendo en conta que os nosos “representantes” non van facer nada ó respecto)? Pois algo sempre se pode facer.
            Un pódese unir ó boicot ós produtos israelís que están traballando numerosos colectivos e organizacións de todo o mundo (algúns dos cais, hai que recoñocelo, son moi pouco recomendables; hai de todo). Os produtos israelíes identifícanse cos números 729 no código de barras. O certo é que é ben doado non consumir estes produtos, xa que a meirande parte deles son directamente superfluos ou remplazables sen dificultade algunha. Hai centos de páxinas en Internet que tratan sobre esta campaña, algunhas das cais incluen listas de productos concretos.
Hai en marcha, tamén, a nivel mundial, un boicot cultural. Neste enlace (se funciona), vos queda o manifesto galego e a lista de asiñantes, que segue en aumento día a día: .www.tk.saramaganta .
(Hai xente que está en contra destas actuacións. O prestixioso (?) filósofo (??) e pensador (¡!) Bernard Henri-Levi, que ten páxina aberta no El Pais sempre que quer, que pra iso é moi listo, explica –El Pais, 30/01/2011- que non se pode boicotear a Israel en nengún senso porque Israel é una democracia; que boicoteemos mellor a Sudán. Se nota que ten estudos, o home. Tamén hai xente que está en contra e que posiblemente sexa normal e teña boas intencións.)
Pódense mover páxinas coma ésta que estás lendo, e páxinas mellores ca esta.
E, boeno, cando Israel pasa dos asasiñatos selectivos e/ou aleatorios á carnicería pura e simple, soe haber manifestacións e actos de denuncia. Non acostuman a ser moi numerosos, polo menos por esta parte do mundo. Pero qué se lle vai facer.
(E dirá alguén: “Ir a manifestacións non serve de nada”; pero, a verdade, é que nunca se sabe. A ún, cando lle pisan, berra. Qué menos. E, ademais, se ve xente, se fala, te dan folletos que dín cousas distintas das que saen na tv, e se respira un pouco.
E dirá outro: “Con todo o que está pasando neste país, e perde-lo tempo co que está pasando na outra punta do mundo”; pero, en realidade, quen dí cousas coma ésta non soe facer nada, nen eiqui, nen alí, e, ademais, a xente que participa nese tipo de actos soe estar implicada en movimentos sociais, culturais e políticos directamente relacionados co chan que pisan.)
Boeno. Imos rematando por hoxe. Por segunda vez neste blog, Rafeef Ziadah, e un poema titulado “Hadeel”, vía you tube, con subtítulos en castelán. (O vídeo ten unha posproducción, ou como se chame, non moi afortunada, pero o poema é realmente bó e o que transmite e realmente duro. Penso).
As principais armas do poder son a nosa desidia, a nosa iñorancia, e a falla de comunicación entre nós. É dicir, cas principais armas do poder están, en certo xeito, nas nosas mans. Ata a próxima.


martes, 20 de noviembre de 2012

20 de novembro. A resistencia. Música pra un anaco. Despois dos bombardeos.

Unha folga xeral mais vello.
Cada vez me custa mais implicarme nestas cousas. Por suposto, fixen folga (a miña diñidade inda vale mais ca un día de paga); por suposto, manifestime pola mañá en Vigo, na compaña de moitas persoas decentes (fun a manifestación de CGT-CUT-CNT-STEG); e pola tarde, en Cangas, nunha impresionante demostración que apenas tivo reflexo na prensa. Pero hai xa tempo que non participo da dinámica cas folgas crean. Vello de mais, canso de mais, descrido de mais, tonto de mais… Por suposto, esas dinámicas existen, e normalmente son o aspecto mais interesante dos procesos de folga. Que fructifiquen ou non, xa se verá. Quizais algo está medrando aí fora…
No persoal, e dende que xa non estou “activo” sindicalmente (nen socialmente, nen case que nada), os días de folga son coma días de festa: vexo a moita xente que había tempo que non sabía deles, e non madrugar un mércores pois tamén se agradece. E as rúas da cidade nunca son tan bonitas coma os días de folga. Cóntao moi ben o poeta Lariño  nesta crónica que lle robo sen pudor algún e que aparece na sua páxina envolventesaspalabras.info :

 

PASEO NO SERÁN DA FOLGA

no serán da folga pasea
unha rapaza coas suas meniñas
polas ruas cos baixos pechados
no centro desta obreira cidade
e contar os pouquiños lokais abertos
vaise convertir nun pequeno xogo
unha cafeteria unha farmacia un bar
o macro-centro-comercial un estanco
e pola rua peatonal no chan esparcido
polos contra-manifestantes da tarde
o interior de varios contenedores de lixo
as pintadas nos bankos e algo queimado
caixas de cartón e brancos confetis
serven de xogo ás cativas que seguen
cunha fita de plastico polo camiño
e con ela tamen xogan na arbore
dun parque logo dos columpios
outra farmacia aberta unha bocateria
a biblioteca cos servicios minimos
e que gosto camiñar por esta vella praza
as cafeterias pechadas e sen mesas fora
livre o camiñar a praza e as ruas abertas
(lariño
para ana lía e nair
imaxe da lua do soportal
mentres agardo por unha
imaxe da praza baleira)

Poesía do cotían. Poesía proletaria. Poesía de resistencia.

E qué toca agora?
Pois eso, resistir, supoño.

Mónica de Nut (coarentaetantos –a ollo- kilos de puro talento interpretativo) disque habíamonos de felicitar pola nosa resistencia, e  faino de xeito ben contundente. Como é evidente o boa que é Mónica, e a pouca obxetividade que teño con respecto a ela e as cousas que fai, pois non vos digo mais nada. Aí vai, Mónica de Nut e Virxilio da Silva, en directo na capital, “Habíamonos de felicitar pola nosa resistencia” (un dós seus mellores temas, ó meu entender).





Ó remate de “Habíamonos …”, Mónica e Virxilio enlazan con “Music for a while”, composta polo compositor barroco inglés Purcell en 1692, e plenamente actual (encántame ese drop… drop… drop, é…máxico? bolboretil?). Moi pouca xente é capaz dunha transición semellante, ó nivel de intensidade, calidade e, mmmh, honestidade que desplega o dúo. Penso. Bah, xa me calo.
É un pracer (pra min, espero que para vos tamén)  incluir na mesma páxina un anaco do traballo de dous, cada ún ó seu xeito, resistentes da categoría de Lariño  e Mónica.
As fotos que aparecen enriba son as primeiras que asoman neste blog que non son miñas. Non sei de onde as tirei, e se alguen ten problemas (rollos legais e tal) con que aparezan aí, pois que mo diga. As imaxes corresponden a unha biblioteca de Londres en pleno uso durante a II Guerra Mundial, e a un oficio religioso na Catedral de Munster, Alemaña, pouco despois de ter rematado a mesma guerra. Duas imaxes que, dende cas vín por primeira vez, me semellan unha mostra impresionante de resistencia e diñidade humana, de persistencia en intentar seguir facendo o que cada un cré que debe facer.
E boeno. Ata eiquí chegamos, por hoxe. Grazas por todo, boas noites, coidadevos.
           



lunes, 5 de noviembre de 2012

5 de novembro de 2012. Agustín García Calvo

A semán pasada faleceu Agustín García Calvo. Viña no “El País”, nas páxinas de cultura, entre unha nova que proclamaba cuns chefs (ou chefes) españois ían revolucionar a alta cociña a base de tapas, e outra que falaba de non sei qué duns modistos. Vale.
No ano 95 ou 96, por aí, os do Ateneo Libertario de Vigo, aproveitando que García Calvo andaba por Pontevedra nunhas xornadas de filosofía ou algo así, lle propuxemos dar unha charla en Vigo, ó que o home accedeu moi xentilmente, coa únia contraprestación de que o invitásemos a cear. Organizamos a cousa no Instituto Santa Irene, nas Travesas, e foi o acto mais multitudinario que fixemos nunca (ata saimos no Faro, mira tí).
A charla-conferencia-debate versou sobre o diñeiro, e eu non me enterei de nada, sobre todo porque estaba pendente do posto de libros que intentabamos vender (somente vendimos os de García Calvo), e porque, xunto con outro compañeiro, facía as veces de equipo de orde (bastante pouco intimidante, supoño), en previsión de que certos individuos intentaran reventarnos o acto. Tíñamos razóns para crer iso, no vos pensedes que era simple paranoia.
Despois, durante a cea no Mesón Seara, na rúa do mesmo nome, tiven ocasión de falar co zamorano. Tiven a ocasión, pero desaproveiteina miserablemente: trala tensión organizativa, xa sabedes, adiqueime con gran entusiasmo ó viño da casa, de xeito que me foi imposible seguer, e moito menos manter, unha conversa normal.
Polo que eu me lembro, que entre unhas cousas e outras non é moito, García Calvo era brillante, divertido, calquer cousa menos modesto, vital, expansivo, extranamento xuvenil (debía andar polos 70 anos daquela), e comía e bebía que daba gozo miralo. Lucía unhas patillas estilo Curro Jiménez, un pano imposible ó pescozo, e pantalóns de campá.
Xa sei que non é unha gran contribución biográfica, pero é o que hai.
De todolos xeitos, eu daquela era inda mais imbécil do que son hoxe (resulta pouco doado de crer) e nen de lonxe estaba en condicións de seguer o fío dos razoamentos de García Calvo. Eu cría na “acción” por riba de todo, e facía unha distinción nidia entre o dircurso e a actividade; pensaba que a revolución era unha cousa que ía “vir”; que o capital e o poder eran cousas que andaban por aí fora e que había que combater; e que coas palabras non se construía, se intentaba aniquilar o adversario. Imbécil.
A partir dese acto (exitoso no organizativo, supoño, pobre no persoal-para mín), empecei a me achegar, timidamente,  á obra de García Calvo, e a comprender, creo, algúns dos seus plantexamentos. Hoxe, relendo algunha das suas obras, sorprendinme ó comprobar o profundamente que algunhas das suas ideas están arraigadas no meu sistema de pensamento (por chamarlle algo). Permítome recomendarvos (inda sabendo onde van parar as miñas recomendación polo habitual) o libro cuia portada tomeime a molestia de fotografiar para por aí enriba, que recolle duas conferencidas dos anos 91 e 92. Se alguen quer, llo presto.
Unha anedota que lembro agora, que lín non sei onde hai moitos anos: o home volta do exilio en Francia, e un periodista lle pregunta “E vostede anarquista?”, e García Calvo sorrí e retrúcalle: “Xa me gostaria, xa…”.
O zamorano García Calvo, dramaturgo, filósofo, poeta, lingüista, conferenciante, provocador, aspirante a anarquista, non era “dos nosos” porque non era de ninguén, nen de él mesmo. Viviu unha longa vida, foi amado e respetado por persoas que a sua vez merecen amor e respeto, deixa unha obra sólida e rica tras dil. Non é pouca cousa. Que a terra le sexa leve.
Segue o poema “Libre te quiero”, un dos poemas mais fermosos escritos en lingua castelá dos que eu teña noticia:
Libre te quiero, / como arroyo que brinca/ de peña en peña./ Pero no mía.
Grande te quiero,/ como monte preñado/ de primavera./ Pero no mía.
Buena te quiero,/ como pan que no sabe/ su masa buena./ Pero no mía.
Alta te quiero,/ como chopo que en el cielo/ se despereza./ Pero no mía.
Blanca te quiero,/ como flor de azahares/ sobre la tierra./ Pero no mía.
Pero no mía/ ni de Dios ni de nadie/ ni tuya siquiera.


 


lunes, 24 de septiembre de 2012

24 de setembro. Nos ensinamos vida, señor

Boas de novo. Esta entrada ben podía ir a continuación da anterior, xa que leva a mesma data, e, ademais, o poema que recolle o vídeo que vai a continuación foi lido na Festa da CUT do pasado sábado. Pero penso que debe ir así, soa.
Non vou comentar mais nada. Eiquí non caben chistes, nen apreciacións, nen ostias.

Rafeef Ziadah, poeta palestina. “Nos ensinamos vida, señor”, en inglés e con subtítulos en castelán:
  
Unha lembranza moi forte para Miguel da CGT de Pontevedra, que ama e ensina a amar a poesía e a Palestina.