Ollos negros, e grandes, os dos
nenos de Gaza. Que sorrín cando poden, cando lles deixan, cando teñen ocasión. Estes
nenos semellan, a mín mo parece, mais vivos que os nenos doutro sitios; quizais
porque sei que mañán, que dentro dunha hora, que agora mesmo, quizaís, estén
mortos.
Eiquí empeza a rematar o día. As
anduriñas andan coma tolas fronte a miña fiestra, pronto sairán os morcegos,
alguén puxo música de Camarón, os veciños comenzan a voltar de praia, o barrio revive
un ratiño antes da noite.
En Gaza xa hai rato que é noite.
Intento imaxinar as ruas reducidas
a escombreiras, as casas afundidas, a xente sepultada baixo os cascotes e o pó,
a búsqueda da xente que non voltou a casa hoxe, a actividade desperada nos
hospitais, a saida a por auga, os choros, os lamentos, as pregarias, os
milicianos facendo garda, os feridos, os mortos.
Intento imaxinar Gaza, pero non
podo.
E saen criminais pola televisión,
e os criminais ameazan, impoñen condicións, poñen ó seu mellor ángulo á camara,
gañan votos, matan xente.
Intento imaxinar unha Palestina
na que reine non só a Paz, senon tamén a Xustiza.
Pero non podo.
E Aláh é grande, e Yahvé é xusto,
e Deus é misericordioso; pero nengún fixo moito por Gaza, últimamente.
E, en Gaza, é noite.
(Fotos tiradas na manifestación en soliedaridade co pobo palestino que se fixo en Vigo, o luns pasado.)
Hoxe, 14 de maio, Israel celebra e
conmemora a sua creación como Estado independente. Os palestinos conmemoran e
non celebran a Nakba. Este termo árabe poderíase traducir como “desastre”, “desgraza”,
“catástrofe”, e con eles refírense ó desplazamento forzoso, á expulsión, ó éxodo
da poboación palestina autóctona dos seus fogares, ocurrida no ano 1948 polo
incipente Estado de Israel.
O número de desplazados oscila
entre 520.000 (segundo Israel), 711.000 (ONU), 900.000 (fontes Palestinas). Admitindo
as cifras da ONU, unha tercera parte destes desplazados instaláronse no
exterior de Palestina en condición de “refuxiados”. Non se consideran refuxiados
os palestinos que pasaron a vivir en Gaza ou Cisjordania, ós que se denominan desplazados
dentro do propio país; de todolos xeitos, moitos palestinos “desplazados internos”
no ano 48 foron de novo expulsados dos seus fogares en 1967, con motivo da
Guerra dos Seis Días.
A cifra de refuxiados palestinos,
e dicir, palestinos que viven no exterior do que foi Palestina, e sen
posibilidade de regreso, e tendo en conta que a ONU considera refuxiados ós
descendentes dos expulsados originarios ascende a día de hoxe a catro millóns.
Pode semellar un pouco imbécil
reseñalo, pero estes desplazamantos masivos de poboación debéronse
principalmente ás masacres, abusos, violacións, crímes e ameazas cometidos
sobre a poboación civil por parte dos grupos armados sionistas (Haganá,
especialmente).
Boeno. Hai unha moi extensa
bibliografía sobre o tema, miles de páxinas en Internet, centos de testimonios.
Hai millóns de dólares investidos polo Estado de Israel, que hoxe está de
cumpleanos, en intentar convencernos de que os palestinos abandoaron os seus
fogares de xeito voluntario. Hai moito dor, moita inxustiza, moita miseria
acumulada.
A posición actual de Israel con
respecto ós refuxiados, ós que non lle consinte o retorno porque poría en
perigo a maioría relixiosa e étnica xudea no país, queda ben reflexada no
seguinte texto (vai en castelán porque é un recorta e pega e tal, e non estou para
traduccións) :
"Los refugiados (palestinos) encontrarán su sitio en la diáspora. Los que puedan resistir vivirán gracias a la selección natural, los otros simplemente morirán. Algunos persistirán, pero la mayoría se convertirán en basura humana, la escoria de la tierra y se hundirán en los niveles más bajos del mundo árabe" Archivos de Estado de Israel. Ministerio de Asuntos Exteriores. Nº 2444/19. Citado por Kapeliouk (1987), p.21.
O 22 marzo de 2011 o Parlamento de Israel aprobou a chamada "Lei da Nakba" que penaliza a conmemoración desde día. Seixa esta prohibicion no só é aplicable ós palestinos. O que segue de outro "recorta e pega", extraido da páxina dixital da Voz de Galicai de hoxe. Vai e castelán, etc.
Israel
sitúa al Parlamento gallego entre sus enemigos extremistas
El
embajador en España recrimina a la Cámara autonómica por unirse «a los peores y
más extremistas enemigos» del país hebreo con la aprobación de una declaración
institucional
El Parlamento gallego, y probablemente a su pesar,
acaba de abrir un conflicto diplomático con Israel debido a la declaración
institucional aprobada la semana pasada, en la que se reconoce el «derecho al
retorno» de los palestinos que fueron expulsados de sus tierras tras la guerra
que siguió a la creación del Estado israelí, en 1948. El embajador de Israel en
España, Alon Bar, no pasó por alto esta resolución y, a través de una carta,
expresó su protesta enérgica por considerar que con el acuerdo refrendado de
forma unánime por PP, PSdeG, AGE y BNG, la Cámara autonómica «se une a los
peores y más extremistas enemigos de Israel» que solo buscan la «desaparición»
del Estado hebreo.
Es el segundo año consecutivo que los grupos políticos
representados en O Hórreo promueven una resolución institucional sin debate ni
votación, aunque respaldada por todos, de apoyo a la causa palestina
coincidiendo con la conmemoración del Nakba o éxodo palestino, que se recuerda
cada 15 de mayo, hoy mismo, por ser el día en el que culminó la primera
ofensiva de la milicia sionista que dio lugar a la declaración del Estado de
Israel por Ben Gurión.
Resoluciones de la ONU
La escueta declaración del Parlamento, de cinco puntos, se
limita a reclamar de la comunidad internacional que exija al Gobierno hebreo el
cumplimiento de las resoluciones de Naciones Unidas, y el «respeto absoluto de
los derechos humanos» de los palestinos, así como de sus derechos colectivos.
Reconoce también -y este es el punto más controvertido- el «derecho al retorno
de las personas e comunidades a las tierras y casas de las que fueron
expulsados», exigencia amparada en las resoluciones de la ONU, pero de la que
se desentiende Israel por considerar que sería una especie de suicidio nacional
y el fin del sueño expresado históricamente por el pueblo judío a tener su
propio lugar en el mundo.
El embajador israelí en Madrid, Alon Bar, reaccionó al
acuerdo parlamentario remitiendo cartas de protesta a la presidenta de la
Cámara, Pilar Rojo, así como a los portavoces de los grupos políticos gallegos
y responsables de los partidos, como Dolores de Cospedal, secretaria general
del PP.
En la misiva transmite su «sorpresa» por la declaración
institucional aprobada por el pleno el pasado 6 de mayo, entre las que figura
el reconocimiento al derecho al retorno de los palestinos desplazados. «Con
esta exigencia -dice el embajador-, el Parlamento de Galicia se une a los
peores y más extremistas enemigos de Israel». Y agrega que, con dicha resolución,
la Cámara se sitúa «fuera del consenso de la Unión Europea sobre los parámetros
del futuro acuerdo de paz entre los palestinos y los israelíes», así como de
las posiciones defendidas por sucesivos gobiernos de España.
El precedente de Oleiros
No es la primera que el Estado de Israel mantiene posturas
encontradas con algunas instituciones gallegas por el apoyo a algunas
reivindicaciones del pueblo palestino. En el 2004 fue el Concello de Oleiros el
que lanzó una intifada simbólica contra Israel cuando su alcalde, García
Seoane, promovió una campaña publicitaria en la que calificaba de «bestia» al
entonces primer ministro Ariel Sharon. Dicha campaña desató la furia del país
hebreo y obligó al ministro Moratinos a desautorizarla. Desde aquel episodio,
Galicia siempre proclamó su amistad con Israel condenando cada año en el
Parlamento el Holocausto nazi de los judíos.
E así todo. Pra que
alguén se confunda ó Parlamento Galego con algún tipo de extremismo ten que
estar nas últimas. Oxalá sexa o caso.
Realmente, quedoume un pouco atrapallado todo esto. Prepareino moi encima da data en cuestión, vamos, o mesmo día, e as cousas saen como saen, e boeno, pero pareceume importante publicalo no mesmo día. Deixovos cun poema-vía-youtube-que-lle-imos-facer de Rafeef Ziadah, refuxiada de terceira xeración.
Hoxe mesmo, as 20,30 horas, na librería Andel (Camelias, 102), Servano Barreiro, Moncho Iglesias e Manolo Pipas ofrecennos un recital poético-musical-fotográfico baixo o título "Volveremos a casa". Sinto avisar con tan pouco tempo...
Desta non van fotos. Un saúdo. Coidadevos.
Hai uns anos era un motivo de discusión ou de diálogo habitual o de “sabían os alemans ou non o qué estaba ocorrendo nos campos de concentración?” (Os alemáns que non eran guardiáns dos tais campos, nen membros das SS ou altos cargos do partido nazi, se entende). E, no suposto de que sí o souberan, “como é que non fixeron nada pra intentar impedilo?” Xa vos digo, era un tema do que se falaba bastante; mesmo hai algunha película e algunha obra de teatro que tratan do asunto.
Dende logo era un xeito ben tonto de plantexar un problema moi complexo, pero que daba pé a, ás veces,rematar falando de cousas moi interesantes (a responsabilidade persoal, a “obedencia debida”, o dereito a rebelión, e outras). Por suposto, a maioría das veces a cousa quedaba nun par de lugares comúns sen maior alcance.
“E, se o sabían, como é que non fixeron nada para intentar impedilo?”
…
Hoxendía, sabemos, se queremos, o que está pasando en Palestina. Sabemos dos asasiñatos, selectivos ou aleatorios. Sabemos das casas derrubadas, da terra roubada, da auga desviada pra que non chegue as aldeas, dos cultivos arrincados. Sabemos das mulleres esterilizadas á forza. Sabemos dos muros de seguridade que parten vilas pola mitade. Sabemos dos controles de seguridade diarios pra ir ó traballo, á compra, á escola, e para voltar á casa. Sabemos dos detidos sen xuizo e en condición inhumanas. Sabemos do bloqueo a Gaza, e do que pasa cando alguén intenta rachalo. Sabemos dos milleiros de refuxiados que non voltarán o seu país, dos milleiros quexa morreron lonxe do fogar.
Sabemos que nas campañas electorais de Israel se prometen mortos palestinos para subir nas enquisas. Sabemos que se incumplen, unha tras outra, as resolucións da ONU, e que á “comunidade internacional” lle da o mesmo. Sabemos que a constante implantación de novas colonias ultraortodoxas no territorio palestino é unha mensaxe clara do goberno israelí: isto vai continuar así mentres nos queiramos.
Sabemos, ho, sabemos. Claro que sabemos. Dende hai moitos anos, dende hai moitos abusos, dende hai moitos mortos.
Quero pensar que haberá xente no futuro que se preguntará “E cómo é que non fixeron nada para intentar impedilo? Como se podían mirar no espello? En qué estaban pensando?”
E qué poderíamos argumentar no noso favor?
Pouca cousa, a verdade.
…
A chamada “comunidade internacional” podería facer algo, pra variar. Podería, por exemplo, conxelar as contas de Israel no extranxeiro; podería ditar orde de busqueda e captura contra todolos integrantes dos sucesivos gobernos israelís, e dos mandos das suas forzas armadas; podería suspendelo comercio con dito país; podería afastar a Israel de todo evento deportivo ou cultural internacional;poderíase aplicar a Israel o mesmo control sobre armamento nuclear que se lle quere impor a Irán; podería crear un corredor humanitario cara Gaza … poderíase, en fin, intentar facer cumprir as resolucións da ONU. Pra variar.
…
O pobo xudeu ten sufrido moitísimo. Habería que ser moi miserable pra iñorar ou menosprezar este feito. Pero de nengún xeito pode esa tremenda dor xustificar a política de apartheid e opresión que leva a cabo o Estado de Israel sobre o pobo palestino dende hai seis décadas. Penso que esa política é un insulto á memoria dos seis millóns de persoas xudeas asasiñadas polo réxime nazi e os seus aliados.
…
Pódese facer algo agora e dende eiquí (tendo en conta que os nosos “representantes” non van facer nada ó respecto)? Pois algo sempre se pode facer.
Un pódese unir ó boicot ós produtos israelís que están traballando numerosos colectivos e organizacións de todo o mundo (algúns dos cais, hai que recoñocelo, son moi pouco recomendables; hai de todo). Os produtos israelíes identifícanse cos números 729 no código de barras. O certo é que é ben doado non consumir estes produtos, xa que a meirande parte deles son directamente superfluos ou remplazables sen dificultade algunha. Hai centos de páxinas en Internet que tratan sobre esta campaña, algunhas das cais incluen listas de productos concretos.
Hai en marcha, tamén, a nivel mundial, un boicot cultural. Neste enlace (se funciona), vos queda o manifesto galego e a lista de asiñantes, que segue en aumento día a día: .www.tk.saramaganta .
(Hai xente que está en contra destas actuacións. O prestixioso (?) filósofo (??) e pensador (¡!) Bernard Henri-Levi, que ten páxina aberta no El Pais sempre que quer, que pra iso é moi listo, explica –El Pais, 30/01/2011- que non se pode boicotear a Israel en nengún senso porque Israel é una democracia; que boicoteemos mellor a Sudán. Se nota que ten estudos, o home. Tamén hai xente que está en contra e que posiblemente sexa normal e teña boas intencións.)
Pódense mover páxinas coma ésta que estás lendo, e páxinas mellores ca esta.
E, boeno, cando Israel pasa dos asasiñatos selectivos e/ou aleatorios á carnicería pura e simple, soe haber manifestacións e actos de denuncia. Non acostuman a ser moi numerosos, polo menos por esta parte do mundo. Pero qué se lle vai facer.
(E dirá alguén: “Ir a manifestacións non serve de nada”; pero, a verdade, é que nunca se sabe. A ún, cando lle pisan, berra. Qué menos. E, ademais, se ve xente, se fala, te dan folletos que dín cousas distintas das que saen na tv, e se respira un pouco.
E dirá outro: “Con todo o que está pasando neste país, e perde-lo tempo co que está pasando na outra punta do mundo”; pero, en realidade, quen dí cousas coma ésta non soe facer nada, nen eiqui, nen alí, e, ademais, a xente que participa nese tipo de actos soe estar implicada en movimentos sociais, culturais e políticos directamente relacionados co chan que pisan.)
Boeno. Imos rematando por hoxe. Por segunda vez neste blog, Rafeef Ziadah, e un poema titulado “Hadeel”, vía you tube, con subtítulos en castelán. (O vídeo ten unha posproducción, ou como se chame, non moi afortunada, pero o poema é realmente bó e o que transmite e realmente duro. Penso).
As principais armas do poder son a nosa desidia, a nosa iñorancia, e a falla de comunicación entre nós. É dicir, cas principais armas do poder están, en certo xeito, nas nosas mans. Ata a próxima.
O día 7 de agosto de 1930 Thomas Shipp e Abram Smith, dous homes negros, foron linchados enMarion, Indiana. Foran detidos o día anterior, acusados do roubo e asesinato dun traballador branco, e da violación da novia deste.Unha multitude asaltou a cela onde estaban confinados, golpeunos, arrastráronnos pola rúa e pendurounos dunha árbore. A Smith, previamente,lle romperan os brazos porquefacía violentos esforzos pra se liberar. Oficiais de policía colaboraron co grupo de linchamento.
Un fotógrafo de estudo local, Lawrence Beitler, obtivo polo menos unha fotografía do suceso. Logo pasou dez días cosas suas noites facendo miles de copias, que vendeu con moito éxito ó prezo de 50 centavos cada unha. É a foto que segue a continuación.
(Nada do relatado mais arriba é especialmente raro. O linchamento no Sur de Estados Unidos foi unha práctica relativamente habitual ata a decada dos 50 do século XX. A toma de fotografías deses acontecementos tamén era corrente. Moitas delas se conservan, e, na maioría, sorprende ver un orgulloso grupo de ciudadans, nenos, as veces axentes da orde, posando xunto ós corpos dos asasiñados, que moitas veces foran queimados vivos antes de ser pendurados dunha árbore ou poste. Estas postais a miudo lembran festas populares misturada confotos de cacerías de elefantes ou leóns.)
Abel Meeropol (que tamén asinaba como Lewis Allan), poeta, profesor, autor de cancións, marxista (seica afiliado o Partido Comunista dos EEUU), branco,xudeu, residente no Bronx,viu a fotografía, e, segundo as suas palabras, quedou abraiado e obsesionado durante varios días. Decidiu escribir un poema, ó que titulou “Bitter Fruit”,que foi publicado nun periódio sindicalista e nun voceiro marxista no ano 1937 (nalgures nesta páxina, unha traducción ó castelán feita por Carlos Alvarado). Posteriormente púxolle música; a canción, xa co titulo “Strange Fruit”foi interpretada polo propio Meeropol, a sua dona e a cantante Laura Duncan no área de New York, acadando unha certa notoriedade como “canción protesta” en ambentes de esquerdas e no movimento polos dereitos civís. De feito, a expresión “Strange Fruit” fíxose equivalente a “linchamento”.
No ano 1939, Billie Holiday coñeceu a canción, probablemente a través do propietario do Café Society, primeiro clube de New York “integrado”, e decidiu incluila no seu repertorio. A cantante recoñoceu que lle infundía certo temor interpretala, pero que o faría en lembranza do seu pai, que morrera dous anos antes de neumonía en Dallas porque ningún hospital admitiu un home negro (“O meu pai non o matou a neumonía, matouno Dallas”, dixo). Cantouna por primeira vez no Society, e ese mesmo ano grabouna pró selo Commodore, xa que Columbia, a discográfica na que traballaba habitualmente, negouse a rexistrala por nondisgustar ós seus distribuidores no Sur.
Daquela Billie Holiday xa era unha cantante moi recoñecida, con cifras de ventas moi altas,pero coagrabación de1939 de Strange Fuit chegou a venderun millón de discos só no primeiro ano. De feito, a canción converteuse nunha sorte de emblema da cantante. Voltou a grabala en 1941.
Polo habitual, era a canción coa que pechaba ás suas actuacións, e tiña unha posta en escea particular: durante a sua interpretación non se atendía ós clientes, apagábanse todas as luces non sendo unha sobre acantante, que se mantiña inmóvil e cos ollos pechados durante a introducción do tema. Cando remataba a canción, Billie Holiday saía do círculo de luz e o escenario quedaba a escuras.
Holiday actuou raramente no Sur dos Estados Unidos, e nesas poucas actuacións case que nunca interpretou Strange Fruit. Nunha ocasión, en Mobile, Alabama, tivo que abandoar precipitadamente o esceario ante a irritación dun público moi contrariadocoa canción.
Billie Holiday sempre mantivo que foi a sua interpretación da canción que nos ocupa a que desencadeu a persecución co FBI e outros corpos de seguridade norteamericanos mantiveron contra dela ata o final dos seus días.
A canción tivo algunhas outras versións notables (de Nina Simone, Bernardette Seacrest, Jeff Buckley, Marcus Miller, Josh White, Siouxsie and the Banshees (¿)...), pero ó meu entender, nengunha delas iguala á de Billie Holiday, quen, como en moitos outros temas, a pesares de non ter composto nen a letra nen a música, fai unha auténtica e irrepetible creación.
Nunca ouvín esta canción en directo, por certo.
Vía YouTube, unha interpretación de Billie Holiday moi tardía (1959):
Extraño fruto Árboles sureños cargan extraños frutos, Sangre en las hojas, y sangre en la raíz, Cuerpos negros se balancean a la brisa sureña Extraños frutos penden de los tuliperos. Escena pastoral del galante sur, Los ojos saltones y la boca retorcida, Perfume de magnolias, dulce y fresco, Y el repentino olor de carne quemada. Aquí está el fruto (que alardea coraje) para que arranquen los cuervos, Para que la lluvia tome, para que el viento chupe, Para que el sol descomponga, para que los árboles suelten, Esta es una extraña y amarga cosecha. (Traducción de Carlos Alvarado; su blog: con tinta de amapolas.com) (A partitura que encabeza, tireina do blog elmundano.wordpress.com)
E imos rematando por hoxe. Se queredes algo, pois no correo (carlosdeteis@terra.es). Saude, non esquecer o paraugas, e ata pronto. (Me da a sensacion de que se me está esquecendo algo, pero non sei que... en fin)