jueves, 15 de mayo de 2014

14 de maio de 2014. A Nakba.


Hoxe, 14 de maio, Israel celebra e conmemora a sua creación como Estado independente. Os palestinos conmemoran e non celebran a Nakba. Este termo árabe poderíase traducir como “desastre”, “desgraza”, “catástrofe”, e con eles refírense ó desplazamento forzoso, á expulsión, ó éxodo da poboación palestina autóctona dos seus fogares, ocurrida no ano 1948 polo incipente Estado de Israel.
O número de desplazados oscila entre 520.000 (segundo Israel), 711.000 (ONU), 900.000 (fontes Palestinas). Admitindo as cifras da ONU, unha tercera parte destes desplazados instaláronse no exterior de Palestina en condición de “refuxiados”. Non se consideran refuxiados os palestinos que pasaron a vivir en Gaza ou Cisjordania, ós que se denominan desplazados dentro do propio país; de todolos xeitos, moitos palestinos “desplazados internos” no ano 48 foron de novo expulsados dos seus fogares en 1967, con motivo da Guerra dos Seis Días.
A cifra de refuxiados palestinos, e dicir, palestinos que viven no exterior do que foi Palestina, e sen posibilidade de regreso, e tendo en conta que a ONU considera refuxiados ós descendentes dos expulsados originarios  ascende a día de hoxe a catro millóns.
Pode semellar un pouco imbécil reseñalo, pero estes desplazamantos masivos de poboación debéronse principalmente ás masacres, abusos, violacións, crímes e ameazas cometidos sobre a poboación civil por parte dos grupos armados sionistas (Haganá, especialmente).
Boeno. Hai unha moi extensa bibliografía sobre o tema, miles de páxinas en Internet, centos de testimonios. Hai millóns de dólares investidos polo Estado de Israel, que hoxe está de cumpleanos, en intentar convencernos de que os palestinos abandoaron os seus fogares de xeito voluntario. Hai moito dor, moita inxustiza, moita miseria acumulada.
A posición actual de Israel con respecto ós refuxiados, ós que non lle consinte o retorno porque poría en perigo a maioría relixiosa e étnica xudea no país, queda ben reflexada no seguinte texto (vai en castelán porque é un recorta e pega e tal, e non estou para traduccións) :

"Los refugiados (palestinos) encontrarán su sitio en la diáspora. Los que puedan resistir vivirán gracias a la selección natural, los otros simplemente morirán. Algunos persistirán, pero la mayoría se convertirán en basura humana, la escoria de la tierra y se hundirán en los niveles más bajos del mundo árabe" Archivos de Estado de Israel. Ministerio de Asuntos Exteriores. Nº 2444/19. Citado por Kapeliouk (1987), p.21.
O 22 marzo de 2011 o Parlamento de Israel aprobou a chamada "Lei da Nakba" que penaliza a conmemoración desde día. Seixa esta prohibicion no só é aplicable ós palestinos. O que segue de outro "recorta e pega", extraido da páxina dixital da Voz de Galicai de hoxe. Vai e castelán, etc.

Israel sitúa al Parlamento gallego entre sus enemigos extremistas

El embajador en España recrimina a la Cámara autonómica por unirse «a los peores y más extremistas enemigos» del país hebreo con la aprobación de una declaración institucional

Escrito por:
Domingos Sampedro
Santiago  15 de mayo de 2014  02:33 GMT
Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas 45 votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.
El Parlamento gallego, y probablemente a su pesar, acaba de abrir un conflicto diplomático con Israel debido a la declaración institucional aprobada la semana pasada, en la que se reconoce el «derecho al retorno» de los palestinos que fueron expulsados de sus tierras tras la guerra que siguió a la creación del Estado israelí, en 1948. El embajador de Israel en España, Alon Bar, no pasó por alto esta resolución y, a través de una carta, expresó su protesta enérgica por considerar que con el acuerdo refrendado de forma unánime por PP, PSdeG, AGE y BNG, la Cámara autonómica «se une a los peores y más extremistas enemigos de Israel» que solo buscan la «desaparición» del Estado hebreo.
Es el segundo año consecutivo que los grupos políticos representados en O Hórreo promueven una resolución institucional sin debate ni votación, aunque respaldada por todos, de apoyo a la causa palestina coincidiendo con la conmemoración del Nakba o éxodo palestino, que se recuerda cada 15 de mayo, hoy mismo, por ser el día en el que culminó la primera ofensiva de la milicia sionista que dio lugar a la declaración del Estado de Israel por Ben Gurión.
Resoluciones de la ONU
La escueta declaración del Parlamento, de cinco puntos, se limita a reclamar de la comunidad internacional que exija al Gobierno hebreo el cumplimiento de las resoluciones de Naciones Unidas, y el «respeto absoluto de los derechos humanos» de los palestinos, así como de sus derechos colectivos. Reconoce también -y este es el punto más controvertido- el «derecho al retorno de las personas e comunidades a las tierras y casas de las que fueron expulsados», exigencia amparada en las resoluciones de la ONU, pero de la que se desentiende Israel por considerar que sería una especie de suicidio nacional y el fin del sueño expresado históricamente por el pueblo judío a tener su propio lugar en el mundo.
El embajador israelí en Madrid, Alon Bar, reaccionó al acuerdo parlamentario remitiendo cartas de protesta a la presidenta de la Cámara, Pilar Rojo, así como a los portavoces de los grupos políticos gallegos y responsables de los partidos, como Dolores de Cospedal, secretaria general del PP.
En la misiva transmite su «sorpresa» por la declaración institucional aprobada por el pleno el pasado 6 de mayo, entre las que figura el reconocimiento al derecho al retorno de los palestinos desplazados. «Con esta exigencia -dice el embajador-, el Parlamento de Galicia se une a los peores y más extremistas enemigos de Israel». Y agrega que, con dicha resolución, la Cámara se sitúa «fuera del consenso de la Unión Europea sobre los parámetros del futuro acuerdo de paz entre los palestinos y los israelíes», así como de las posiciones defendidas por sucesivos gobiernos de España.
El precedente de Oleiros
No es la primera que el Estado de Israel mantiene posturas encontradas con algunas instituciones gallegas por el apoyo a algunas reivindicaciones del pueblo palestino. En el 2004 fue el Concello de Oleiros el que lanzó una intifada simbólica contra Israel cuando su alcalde, García Seoane, promovió una campaña publicitaria en la que calificaba de «bestia» al entonces primer ministro Ariel Sharon. Dicha campaña desató la furia del país hebreo y obligó al ministro Moratinos a desautorizarla. Desde aquel episodio, Galicia siempre proclamó su amistad con Israel condenando cada año en el Parlamento el Holocausto nazi de los judíos.

E así todo. Pra que alguén se confunda ó Parlamento Galego con algún tipo de extremismo ten que estar nas últimas. Oxalá sexa o caso.
Realmente, quedoume un pouco atrapallado todo esto. Prepareino moi encima da data en cuestión, vamos, o mesmo día, e as cousas saen como saen, e boeno, pero pareceume importante publicalo no mesmo día.  Deixovos cun poema-vía-youtube-que-lle-imos-facer de Rafeef Ziadah, refuxiada de terceira xeración.


Hoxe mesmo, as 20,30 horas, na librería Andel (Camelias, 102), Servano Barreiro, Moncho Iglesias e Manolo Pipas ofrecennos un recital poético-musical-fotográfico baixo o título "Volveremos a casa". Sinto avisar con tan pouco tempo...
Desta non van fotos. Un saúdo. Coidadevos.


jueves, 24 de abril de 2014

24 de abril de 2014. Nada que temer.

   probando… un, dous, un dous… Ssssi. Vale.
Pois dinme conta de algo, o outro día. As veces me dou conta de cousas, cousas que todo o mundo sabe hai tempo, pero que eu tardo un pouco de mais en captar. Unha década ou duas. Non, nunca fun un tipo rápido de entendemento.
Pois a cousa da que me din conta (ou “din de conta”, que tamén vale) é de que son vello.
A cousa foi así: estaba eu no dentista (dobre ración de anestesia, por favor), e reparei no feito de que o tipo era bastante mais novo ca mín. Credelo ou non, pero nunca caira na conta. A falta de cousa mellor  que facer (sabedes, os traslados en bus dan prá moito, ó cacharro do mp3 algo lle pasa que non vai ben, a biblioteca se pasa a vida a fumigar, non me falo coa xente e apenas cos animais, ou sexa, que teño tempo), empecei a matinar no tal feito. Resulta que non só o dentista é mais novo ca mín. Tamén os conductores de Vitrasa, tan amables e distinguidos eles. A médica, á que acudo cada tres ou catro anos non sei moi ben para qué. Os funcionarios cos que teño que facer tediosos, incomprensibles e inutís trámites. Os músicos, os actores de teatro, os domadores de leóns  a cuias actuacións asisto, cada vez menos. O gato. Os policías que me identifican, me protexen e me putean (cada vez menos, tamén; sigo sendo sospeitoso, pero inofensivo). Os veciños cos que teño bullas. Os tipos que están a punto de atropellarme todolos días.
Boeno, moita xente, vaia. E, xa que logo, por descarte, por contraste, por comparación, se tanta xente é mais nova ca mín, eu veño sendo vello. O cal explica moitas cousas:
A cada vez mais notoria falta  de cabelo e de visión e de memoria e de ánimo, por exemplo. A repuñancia que sinto polas novas tecnoloxías. O cansanzo permanente. Os tremores de mans. Os calambres nas pernas. A falla de esperanza na humanidade en xeral, e en ti que les esto en particular. O desinterés polo futuro. A incapacidade pra aprender cousas novas.
As perdas. Perdo o equilibrio, perdo as chaves, perdo a diñidade, perdo o sentido da realidade, perdo as ocasións, perdo os mecheros, perdo os papeis, perdo os concertos, me perdo eu directamente.
O de dar a chapa con vellas historias, cousas que pasaron no 79, no 88, no 93, no 97, cousas que xa eran aburridas cando sucedían e que eu me empeño en contar unha e outra vez a algún iluso que inda non me coñece o suficente prá escapar. Ou as escribo eiquí. Je.
A falta de atractivo. Boeno, vale, eso non é de agora.
O empeño en que todo o bó en cuestión de literatura, de películas, de música, de pintura ou de repostería xa se fixo hai moito tempo, e que da actualidade só poden  xurdir tristes remedos.
Un montón de cousas, vaia, que só se explican pola vellez recentemente asumida.
Inda non teño moita práctica con isto de ser vello, pero algunhas cousas xa vou pillando. Por exemplo, que a “sabiduría da vellez” é algo sumamente sobrevalorado. Polo menos no meu caso: sigo sendo tan estúpido como cando novo, pero en vello. Non teño respostas a nada, non aprendín nada. A vellez non te fai sabio: faite vello, mais nada. A cercanía á tumba non resolve nengunha cuestión pendente. Da medo, eso sí.


Ben. Se alguén segue esta cousa-blog dende o principio, ou se adica a mirar as primeiras entradas (por certo, moitas grazas; vai ó bar que prefiras, pídete algo e que mo carguen en conta, que xa eu me encargo), saberá que unha das miñas intencións era recomendar libros ou autores. Non me lembro moi ben por qué, nen en base a qué, pero daquela pareceume unha boa idea, supoño. Lóxicamente, o presunto (e en vías de extinción, creo) lector dstas liñas non fixo caso nengún das miñas recomendacións. Normal. O que non debe ser moi normal debo ser eu, porque aí vou de novo. (Se leiches atá eiquí e o queres deixar, oes, sen problema, seguemos sendo amigos.
Co torpe estilo que me caracteriza, e a sabendas do pouco éxito que soen ter as miñas recomendacións, vouvos propor a lectura de  “Nada que temer”, de Julian Barnes.
Julián Barnes é un ser despreciable. Non somente ten un dos mellores pulsos narrativos da actualidade, senón que ademais goza dun grande sentido do humor, atesora unha cultura inmensa, é profundo e axil, manexa toda-las distancias, é elegante. Con este tío non hai fallo, podes coller calquer libro dil e seguro que é bó. O que vos dicía, un tipo odioso. Esta obra en concreto, “Nada que temer”, é unha especie de ensaio, biografía, escolma de cousas varias, sobre o tema da vellez, a morte en xeral, e a morte do Sr. Barnes en particular, e mais concretamente sobre o temor á morte. E o tipo consigue co libro sexa, ademais de enriquecedor, entretido e ameno. Divertido, incluso. Se este ano ides ler un só libro, ben podería ser éste.
     Polo que eu sei, a día de hoxe o Sr. Barnes segue vivo. E é vello, moi vello, mais vello ca mín.   
      O libro está editado por Anagrama, haino a vender en librarías, o podes coller na Biblioteca e non sei se o podes descargar dalgún sitio  ou non porque non teño idea de cómo funcionan estas cousas. E a verdade, écheme un pouco igoal.
   


  E boeno, xa está. Cada vez os meus escritos son máis longos, máis pesados, menos divertidos. Outro síntoma da vellez? Quizais…     
   As fotos son miñas, pode que teñan algo que ver coa escrita e pode que non. Vos deixo vendo o video de DAKIDARRIA,  e xa marcho que teño que marchar.    

miércoles, 9 de abril de 2014

9 de abril de 2014. Unha cousa que chaman "Mostra da Barbarie"

Esto que vai a continuación é o folleto da “Mostra da Barbarie”, unha, digamos, expo de cartaces orixinais que tiven ocasión de ver en Cangas o sábado pasado. Pareceume realmente interesante, e creo que o  tal folleto (ou pasquín, unha palabra que me gusta moito) fala por sí só (como é lóxico). Eiquí e alá van fotos tomadas durante a  mostra, que vos recomendo. Encarecidamente.





"É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima….

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira aquí en http://www.mostradabarbarie,wordpress.com  a partir do 6 de Abril."

Boeno, éste non é o panfleto, senon o contido do panfleto, o cal é lástima porque no pasquín orixinal  viña un debuxo de Gerónimo/Planeta dos Simios, ademais dun formato tipo anos 80- fotocopia  moi apropiado. A miña estúpidez tecnolóxica me impiden chuzar eiquí o orixinal, Sinto.












E mais nada. Creo que eiquí viña ben "Revolution will not be televisided" Así que se podo, o enchufo.



Espero que pete ben. Qué grande era o Scott Gil Heron. E boeno, agora, sí, ata a próxima. Coidadevos. Este sábado, Manolo Pipas e Servando fan un recital na Cova dos Ratos; vémonos.

martes, 4 de marzo de 2014

4 de marzo de 2014. Qué jrande era o cine (o de Teis, outros non sei)

Vale. Eran outros tempos.

Normalmente, se un grupo de rapaces de, poñamos, San Xoan do Monte topabase con outro grupo de rapaces de, digamos, Ríos, remataban a ostias. Non por nada, non é que se cairan mal ou algo diso; era así, e punto. Cousas dos tempos, supoño. Que eran outros.
Pero había un sitio no barrio (entendendo como barrio Teis, por suposto) no que existía unha especie de tregua permanente,  de paz malostiada e desconfiada, pero paz.  Manadas de cativos e mozos de San Xoan, da Fenosa, de Foxos, da Praza, do Toural, da Paradela, de Sampaio, de Bichita, de Guixar, de Ríos, de Sampaio, da Trave, de Coutadas (qué gozada escribir os  nomes dos sitios) e doutros enclaves do barrio podíamos coincidir no tal sitio sen que ocorrera nada grave de máis.
A maxia do cine.
Houbo unha época que en Vigo existían duas institucións que sinalaban o nivel de progreso acadado, duas institución das que non nos sentíamos orgullosos porque éramos estúpidos de mais. Unha, os wáteres públicos; vale, sempre estaban ateigados e suxos, somente os había no centro, pretendían cobrarte polo papel hixénico, e neles habitaban uns tipos extraños que che miraban raro . Pero existían.  Ías pola rúa, dábante gañas de mexar e ías o wáter público; coma en Nova Iorque, vaia. A outra cousa eran os cines de barrio.
Agora, en retrospectiva, é difícil de crer, pero o certo é que nesta amalgama que é (que xa era daquela)  esta vila había o que se chamaban cines de barrio. Que eu me lembre, no Calvario había dous, o Palermo e o Avenida. Creo que o de Bouzas chamabase Disol. E en Santiago de Vigo estaba o Santiago El Mayor, que era cousa de curas, penso. Había outros.
O cine de Teis era o Roxy, chamado popularmente o Moco; en realidade o Roxy era o herdeiro dun cine anterior que era o auténtico Moco, do cal eu non me lembro. Foi derrubado a finais dos anos 60 do seculo pasado, e estaba situado fronte a antiga oficina de correos, na Baixada a Vulcano, hoxe Rúa Enrique Lorenzo. Nese cine, no Moco, foi onde ó parecer xurdiu o nome de Bichita: a paisanada foi ver unha peli que se chamaba “Wichita City, ciudad sin ley” e seica se sentiron identificados ata o punto de rebautizar o Grupo Sindical de Espiñeiro, hoxe Camiño de Maceiras.
O cine Roxy erguíase na rua Sanjurjo Badía, xunto a pastelería El Cisne  e fronte o bar coñecido como a Cova dos Ladróns. Era un cine de programa doble, sesión continua e reestreno. Qué quer dicir esto? Os que xa o saibades caládevos, e deixar que ilumine a iñorante, porque está na sua natureza, xuventude. Programa doble siñifica que puñan duas pelis de cada vez. Sesión continúa quer dicir que puñan unha peli, logo a outra, logo voltaban a pór a primeira, e así ata que pechaban, e que co precio dunha entrada podías votar alí dende as tres e media da tarde, por aí, ata que remataban, as once ou mais. E, por último, de reestreno ven sendo que alí non estreban película nengunha, para ver pelis novas había que ir ó centro (o Plata, o Fraga, o Ronsel, o García Barbón, ún deses), pero como nos, os do barrio, rara vez íamos por eses sitios, pois eso, era como se foxen estreas.  Os domingos non había nen programa doble nen sesión continua, era un pouco mais caro e viña sendo o día das reestreas das pelis famosas (“Aeropuerto” e tal).
Era realmente económico, o Moco. Non me lembro canto custaba, pero estamos a falar de sete pelas,  ou así, un día de semán, no galiñeiro (dou por feito que sabedes o que é o galiñeiro). Ou sexa que, vaia, podíamos ir bastante a miudo. Con cinco pavos mercabas un paquete de Rex ou de Aguila, ías o salón de xogos a facer uns futbolíns, ías o cine, mercabas gaseosa e chicles, e inda te quedaba pra un perrito caliente na de Marsus. 
O propio era pois ir ó cine en manadas, e antes de empezar a peli mercar unhas gaseosas no propio bar que había no local (marca Balín,  moi baratas, xeadas, bastante asquerosas e extranamente adictivas) e algúns chicles (da fábrica que había no barrio, alí ó lado), e subir o primeiro piso, instalarse o mais perto posible da baranda e montar o maior cirio posible sen que che botaran. Fumabamos, riamos, botabamoslle gaseosa ós que estaban abaixo, cuspíanos entre nós, e as veces atendíamos a peli.
Pois íamos ó cine, e víamos a Bruce Lee (e, o sair, rompíamos unha man contra unha farola mentres dábamos berridos orientáis), e víamos pelis de vaqueiros (“coidado Yoni, a tua espalda”, lle dicíamos ó imbécil do prota sen que éste se apercibiese), de vampiros (Christopher Lee e Peter Cushing in a Hammer Production), de Tarzán (un tipo entrañable), españoladas (un xénero en sí mesmo), de romanos, de aventuras, de guerra, de amor (destas renagabamos bastante, eran pelis para nenas)…E, as veces, algunha boa: eu vín “El Padrino” no cine Roxy, alucinando. “En el calor de la noche”, “El Inspector Tipps contra la Organización”, “Shaft”, “La piel de un policía”… e un mazo de John Ford, de Antonhy Mann, de Boetticher, algunha de Peckimpah, algunha de Siodmak, John Houston, Howard Hawks… en pantalla grande, chaval. Vaia luxo. (Claro que daquela eu non coñecía o nome de nengún director, nen sequer sabía moi ben para qué servía un director; anos mais tarde mirabas na tele unha peli e dicías “ésta mireina eu no Moco”, e os que estaban contigo e que non eran do barrio ollaban para ti como se estiveses mal da cabeza)
E o destape. Esto tamén merecería un estudo profundo e analítico, pero que lle imos facer. As señoras do barrio (vaia, as nosas nais, tías, irmás maiores) denunciaban que o cine Roxy puña pelis porno; nós sabíamos que aquilo non podía ser porno, porque porno era o que viña nas revistas danesas e holandesas (ou de por aí fora) que lle trocábamos ós mariñeiros dos cargueiros en Guixar, a cambio de cartóns de Record, revistas que logo levabamos ás cabañas onde lle dabamos o uso axeitado. Pero as pelis de destape eran francamente divertidas, e as suas heroínas (actrices detestables pero moi guapas, como María José Cantudo, Nadiuska, Agata Lys, Victoria Abril…) formaban parte do imaxinario colectivo do barrio.
As veces puñan algunha francamente atrevida (prá época). “Historia de O”, “Emmanuelle”, por exemplo, autorizada exclusivamente prá maiores de dazaoito. Nós pasábamos igoal, pero advertíannos na entrada que se viñan da Inspección tiñamos que nos achantar no carto de baño; pasounos un par de veces, e foi bastante divertido.
Tamén había días de ir ó cine coa nai dun. Puñan unha de vaqueiros, por exemplo, e mataban moreas de indios, e morrian unhas cantas ducias de cowboys, e a nai dun miraba aquilo pelín aburrida e sen inmutarse; e niso que mataban un cabalo, e a nai dun indiñabase (“animaliño! Porqué teñen que matar ós cabalos? Miserables!”) E así ata que alguén do público reclamaba silencio.
A noite que ardeu o Roxy foi a ostia. Os veciños se avisaron  uns a outros, e alá fumos familias enteiras, os homes con pantalón de pixama e camiseta de asas, as mulleres con batas estampadas e rulos na cabeza, os rapaces xadeando como cans da pura excitación.  Cheiraba a raios, e o lume saía polas fiestras onde estaba a sá de proxección. Pronto empezaron a circular botellas de Sansón, e os nosos país miraban filosóficamente as lapas e dicían cousas sabias e atinadas (“o que está de ser, está de ser”, e cousas así, incomprensibles daquela e incomprensibles hoxendía).  Os nenos fumábamos Chester ás achantadas e puñamos cara de tipos duros. Os bombeiros renegaban, cun pito nos beizos e cara de mala ostia (“pero señora faga o favor de apartarse, por amor de Dios”) e a policía (a municipal antes do 092) pasaba bastante de todo… Foi unha noite máxica, de festa, polo que eu me lembro.
(O cine Roxy ardeu un sábado ou un domingo, creo lembrar, ben entrada a noite; non había ninguén dentro. Daquela ardían moitas cousas en Vigo, e non somente nas manifestacións: numerosos pubs, discotecas, locais de alterne (¿?) e outros acostumaban arder de xeito extrano…)
Tamén foi, en certo modo, o fin dunha época. Unha época cutre, maravillosa, iñorante, chea de esperanzas non moi xustificadas, chea de medos moi xustificados. (Nefeuto, as esperanzas quedaron polo camiño, e os medos fixéronse mais e mais grandes, ata o día de hoxe.)
Pero mira, chaval, se non viches “El Doctor Zhivago” en pantalla grande, non viches unha merda.
E xa está. Levo cerca dun ano sen ir ó cine (cuestión de pasta, de horarios, de odiar os centros comerciais, e de que a maioría das pelis que fan agora non merecen a pena). Se cando tiña doce ou trece anos me dixeran que ía estar tanto tempo sen ir a ver unha peli, non mo crería. Xa ves.
(Por certo, no Roxy vin o meu primeiro concerto: tocou un grupo de Madrid que se chamaba Asfalto, que non sei como viu cair alí, a verdade. Facían unha cousa como rock progresivo, tipo Genesis, e cantaban en castelán. Non estaban mal)



Pois nada. As fotos son miñas, e os que tipos que saen aí son Club de Remo de Bueu.

E vos deixo cun video: Jacques Loussier facendo unha cousa de Bach. Co disfrutedes.

martes, 7 de enero de 2014

7 de xaneiro de 2014. Algunhas cousas que paga a pena gardar






Teño lido algo de literatura clásica, tipos gregos e algún romano, un pouco de Shakespeare, xa sabedes. Algúns deles, ó principio dalgún escrito, invocaban os deuses ou as musas pra que lles iluminasen e lles prestaran as palabras necesarias pra contar o que querían contar, e se ve que funcionaba, vistos os resultados . Eu, que son infinitamente máis torpe e inútil ca eles, como son descrido mais seguro que non vou ter axuda nengunha, e boa falta que me faría, non creades, porque me expreso mal, escribo peor e empecínome en trasladar cousas que requerirían persoa mais formada, talentosa e hábil ca mín pra que o esforzo resultase exitoso.
Ben, son as tres e cuarto do domingo 5 de xaneiro de 2014, non estou baixo os efectos de nengunha droga (o tabaco, o café e os manises salados non contan), estou escoitando a Keith Jarrett, sinto os habituais pequenos dores, o jato durme  e me estou pelexando co corrector ortográfico que por algún motivo se empeña en traducir ó español o mal galego que escribo. Polo demás, ben, grazas. Feliz ano.
A cousa vai de concertos, ou mais ben de momentos de concertos, os que tiven a fortuna de asistir o ano xa pasado. Evidentemente, vai implícita a recomendación de que asistades se podedes a actuacións dos grupos que vou mencionar máis adiante, e, en xeral, que apoiedes á música en directo.  Flashes dun ano que, no musical, non foi para nada malo:
Fun a Santiago casualmente; e casualmente vin o cartel anunciando o concertó de Sumrá na Casa das Crechas, que casualmente era ese mesmo día. E, por unha vez, non tiña que me axustar á Renfe pra voltar a Teis.  Moitas casualidades de mais como pra non ir. Así que eiquí estou agora, a medio metro de LAR Legido que, cos ollos pechados, sudando a moreas na noite santiaguesa e aparentemente indiferente ó que lle rodea, está exprimindo a sua batería ata límites dificís de crer. Un tema que comenzou a medio tempo e que se foi convertindo nunha especie de combate corpo a corpo entre Legido e o mundo en xeral, mentres Xacobe Martínez Antelo mantén un ritmo axustado ó contrabaixo e Manolo Gutiérrez fai acordes aparentemente ó chou no piano. É unha especie de caos, non hai sitio onde agarrarse, algo fascinante. A luz verde sobre o batería dalle un aspecto de demo ou algo así. E, de súpeto, sobre o ruido, Manolo crea unha melodía incriblemente fermosa, tanto que non  estou seguro se realmente está tocando iso que eu creo ouvir ou non. Xacobe ségueo, e Legido para un intre de tocar e coas baquetas en alto emite un berro, algo así como “aaaargh”, pura satisfacción animal, namentras Manolo Gutiérrez, ensimismado, continúa desenrolando o novo tema. E eu estou feliz de estar na cidade mais fermosa do mundo, na mellor compaña posible, e escoitar algo dunha beleza imposible.

Festival Folk en Vilariño é, básicamente, festa. O público mais heteroxéneo que che podes imaxinar: paisanada, pais con nenos pequenos, mocerío con gañas de pásalo ben, punks do Morrazo, algún hippie dos antigos, e incluso algunha xente que vai escoitar música. Moita cerveixa, moito licor café, moita maría, bastante tontería tamén. No escenario están Radio  Cos, coa formación completa (voces, percusión, violín, acordeón e Lamas, que toca gaitas, saxos, clarinetes e calquer outra cousa que precise soplar nela). Levan unha media hora facendo bailar á xente con bó humor,  ribeiranas, pasodobles, jotas e música da terra en xeral, o mellor grupo que podes topar para unha noite así. Inda que son o grupo que abre o Festival, moita xente foi ata alá só por velos, e con razón. Son moi bós, máis que bós. E niso que se poñen a interpretar un tema en sefardí sobre o que é estar lonxe da casa, ou non ter casa onde voltar, ou non lembrar se inda tes ou non casa. E moita xente non se entera, seguen o seu, pero outros moitos sentimos de súpeto a xeada da noite, e moitos poderíamos cantar ou tocar esa canción, porque acabamos de adoptala, de facela nosa, porque a recoñocemos en nós. E eu, que inda teño casa, e que cando volto a ela polas noites inda hai quen me agarda, sinto os ollos húmidos. A persoa que me acompaña nótao, e eu lle digo que a priva me pon sensibleiro. E despois segue a festa, segue a bebida, segue a vida.

Canjazz, en, claro, Cangas. Unha noite perfecta. A acústica no Eirado do Costal é, boeno, perfecta (o dos adxetivos non é o meu, sinto). Marcos Pin, o frente da Big Band que reuniu o seu redor (Marcos Pin E Factor Reset), interpreta os temas do disco Barbanza: alí están Pablo Castaño, Max Gómez, Xacobe, Gutiérrez, Fernando Sánchez… O público enche a praza e, por unha vez, todo o mundo parece estar pola labor. Estamos perto do final, e está claro que é dun concertos do ano: algúns dos mellores músicos do país tocando os temas escritos por Marcos con desenvoltura, cómodamente, nun ambente relaxado. E no penúltimo tema GdJazz Pereiro, o xoven trompetista de Cangas, ponse de pé e executa un solo incrible e eu teño a fortuna de esta xusto detrás dil (tirando fotos e tal), e me quedo alucinando. O tipo que está xunto a mín, un vello aficionado ó jazz co que coincido moi habitualmente, me mira e dí “a ostia”. E, sí, está ben expresado. Pereiro está en vena, e alonga o solo un coro máis, e outro,  sen esforzó aparente . E por mín podería seguer a noite enteira…


Domingo pola mañá en Cangas, e o tempo está chungo, polo que o concerto de Mónica de Nut e Virxilio da Silva (acompañados nesta ocasión por Marcelo Dobode á percusión) vaise ter que facer no interior da Taberna o Rincón, que non é precisamente grande. O bar está petado de xente, e o grupo estivo probando co público diante, o cal non mola moito. Ademais, Mónica está un pouco ajripallada, ten mala cara, e decide non pór a roupa de actuar: vai cantar con jersei e cun pucho de lá na cabeza. A cousa pinta un pouco mal, e xa é hora de arrancar. Virxilio empeza coa guitarra acústica, facendo bottleneck, e Mónica, que hai un intre estaba alí,  non  se sabe onde está. Non hai ninguén xunto ó micrófono. Virxilio toca blues ó vello estilo, o que tanto me gusta; lémbrame a Blind Wille Johnson, “Darkness was the night…” , e cousas así, e toca coma ninguén. E niso oese cantar dende fora do bar: Mónica empezou a actuación polas rúas de Cangas, por suposto sen micro. Está cantando “Lévame”, un tema tradicional do país. E cando entra no bar e se sitúa no seu lugar, nun curruncho, xunto  a Virxilio, o blues de dentro e a cantiga de fora, o quexido do bar e o quexido da rúa, encaixan a perfección, son o mesmo queixume; a magnífica voz cada vez mais chea de matices casa coa guitarra rasposa e oubeante. Semella algo máxico, irreal, perfecto dun xeito raro. Prodúcese ese chispazo que só sucede moi de cando en cando (pero que é gozosamente habitual nos concertos de MdN e VdS). E somente é o comenzó do que vai ser un outro magnífico concerto.  E eu decido que non hai grupo mellor pra ouvir nen outro sitio no que preferise estar agora mesmo.

Estamos na segunda parte da actuación e, por unha vez, Lucía non presenta o tema. É o concertó de Reis que Lucía Martínez e o seu cuarteto ofrece, unha vez máis, no Hipólito, nas Travesas. Brandao, o saxofonista do grupo, inicia un tema en solitario; na mesa na que estou todos o coñecemos, pero tardamos un intre en lembrar que é. Mirámonos uns a outros, e alguén dí “Alfonsina”. Eso é. Algo que non ouvíamos dende hai anos. Algo que nos lembra, por se fixera falla, o moito que levamos vivido, o moito que vimos mudalos tempos, o moito que esquecimos, o moito que inda lembramos.  O portugués segue só,  axustándose á melodía, alto, clamo, e nítido. Despois entra o resto do grupo, fan variacións, descompoñen a canción, a reorganizan, a recrean, a inventan ante nós. Ós poucos, voltan á composición que nos é familiar. E ese é o noso regalo de Reis.
Tantos bós momentos este ano pasado… Iago Fernández, Chus Pazos, Paco Charlín, Joao Mortagua, Chris Kase, Berroguetto, unha rapaza anónima tocando o acordeón en Santiago, 2uS, Javier Marcos, The Cobras, José Manuel Díaz, Sés, Toni Risco, Silvia Penide, …protagonistas todos eles de instantes perfectos, diños de gardar nalgures, de ser contados por alguén con máis capacidade da que eu, qué vos vou dicir a vos, teño.
Veredes. Hai anos tiven un accidente laboral, bastante grave. Entre outras cousas, declarouseme ou como se diga un proceso de necrose. Non vos vou explicar o que é, así que xa sabedes, Wikipedia e tal. O caso ca ciruxana de plástica viña pola habitación do hospital duas ou tres veces á semana, armada cun escalpelo, e púñase a raspar na zona afectada. Eliminaba tecidos mortos. Sabía cando tiña que parar: cando eu berraba. Cando doía. Cando chegaba ata o que inda estaba vivo.
A música, algunha música, algún momentos de algunhas actuacións, prodúcenme máis ou menos, e salvando as distanzas, o mesmo efecto. Eliminan tecido morto, chegan ó que inda está vivo, doen. Fanme lembrar que e quen inda son. Momentos, emocións, imaxes, sonidos, que quixera levarme conmigo cando me vaia. Vale, esta última frase e de Tom Waits.
Ben, como era de agardar as musas ou os deuses non foron, desta vez tampouco, xenerosos conmigo. Non tiñan por qué, tamén é verdade.  Pero boeno, algunha vez tamén se podían enrollar, digo eu, que tampouco é tanto o que lles pido.
Disimulade, pois, a calidade do texto, iñorade as suas moitas imperfeccións, ser xenerosas coa intención que, vos aseguro, é boa. Agora son as seis da mañá deste día choiviñento, Frank Sinatra canta My Funny Valentine, esgotei o tabaco, o jato se espereza, chove aí fora, e non vou repasar o escrito. Non o ía facer mellor de todolos xeitos, pero non digades que nen sequer o intentei. Vai como vai, é o que é.
Boas noites, e boa sorte.




jueves, 26 de diciembre de 2013

26 de decembro de 2013. Cousas pra ouvir. Pagando débedas.



Non sei se saberedes (e se non xa volo conto eu, faltaría máis) da miña afición ás listas de final de ano, especialmente ás que saen en grandes (cada vez menos grandes, je) medios, como “El País”, que nos informan do que foi “o mellor do ano” en temas de cultura e entretenemento (e de “tendencias”, que non sei moi ben o qué é). Así que, chegados a esta
época, agardo ansioso polos mellores libros, segundo El País (normalmente non lín ningún), os mellores discos, segundo Mondo Sonoro ( algún non os coñezo, outros dan asco directamente) ou Je ne Sais Pop (psché), as mellores pelis segundo Filmaffinity (pra flipar, quítanche as gañas de ir ó cine outros catro anos), e mais. Hai, básicamente, dous tipos de listas: as elaboradas por expertos, críticos e así, e as de votación popular; éstas últimas son as mais divertidas (de verdade que “Avatar” foi unha das mellores pelis da década?)
Resulta qué inda é mais divertido elaborar listas que lelas…
A lista que vos vou presentar hoxe (qué che crías) é unha mistura dos dous tipos; está feita por un experto (eu) e corroborrada e confirmada pola xente (eu). Vai de discos (prás xeneracións máis novas: un disco é un obxecto físico que posto no chisme adecuado reproduce música; soe ter portada; soe ter créditos, que nos informan de quen toca cada cousa; soe costar pasta).
Realmente, podería incluir eiquí sete ou nove discos. O momento da música feita en Galiza agora mesmo é excepcional.
Tomádeo máis ben como unha recomendación que vos fago: son catro discos que deberíades ter, ou polo menos, escoitar. Evidentemente, son catro discos galegos, inda que non necesariamente de música galega; editados ou distribuidos durante este puto ano 2013 que semella rematar dunha vez; que proporcionan grandes doses de placer, regocixo, inquetude, xolgorio e mais cousas; e dos que me apetece escribir (pagando débedas, xa sabedes). Vai por orde de adquisición.

2uS. Dous. Este é o segundo disco (ou o terceiro, é un pouco complicado) do duo formado por Fernando Abreu (que toca todo tipo de saxos e clarinetes) e por Pablo Carrera, guitarra. A edición (diseño e ilustracións) de Olalla Fernández é magnífica: o disco é realmente precioso; llo podes regalar a calqueira e quedar como Dios (unha frase feita que non estou moi seguro do que siñifica). O que contén é música popular dunha elegancia e gusto dificís de superar, melodías adictivas, e un bo rollo que escasea últimamente. Ideal para pór un domingo pola mañá de resaca (crédeme). Música folk dun país que non existe.


Marcos Pin Factor E-Reset. Barbanza. Marcos Pin (guitarrista, compositor, arreglista) xuntou o seu redor unha big band con moitos dos mellores músicos da escea galega de jazz (o cal siñifica excelentes músicos) para grabar este magnífico disco inspirado no Barbanza (esto último volo podiades imaxinar). A textura (musical, se entende) deste disco é incrible. Está cheo de momentos e detalles máxicos, a cargo de tipos como Manolo Gutiérrez ó piano, GDJazz á trompeta, Ton Risco ó vibráfono ou Pablo Castaño ó saxo tenor. O traballo da sección rítmica (Max Gómez á batería, Juansy Santomé o contrabaixo) é impecable. Marcos Pin é, sen dúbida, un dos músicos máis intelixentes e, ó tempo, máis, mmm, detallistas, que hai hoxe en día por eiquí. Unha proposta arriscada e exitosa, e, sobre todo, moi disfrutable.


Mónica de Nut e Virxilio da Silva. Dos fíos invisibles chegan as cores. Este é o disco mais difícil de describir dos catro, pero a ver como zafo. Estamos ante un traballo de demolición de fronteiras entre estilos: na mesma peza conviven o canto de raíz galego e unha guitarra tipo Delta do Mississipi, unha peza barroca e unha trompeta que vai derivando cara o jazz… Un disco que contén canción tabernaria e canalla, distorsión, furia, maestría, desesperación, retranca, elegancia... Música palleira, din eles. Este disco xurde das actuacións en directo co duo ven facendo dende abril do 2013, e conserva a inmediatez e urxencia de ditas actuacións. As colaboracións de GDJazz á trompeta e de Marcelo Dobode á percusión danlle inda mais cor ó traballo. Difícil de clasificar, directo, extraño, distinto, excelente en todo caso, e que semella coller formas novas cada vez co escoito. Música dunha Galiza que inda non existe.


Ton Risco Quinteto. Impronunciable. O vibrafonista ourensán, cunha excelente banda (GDJazz, que parece estar en todos lados, á trompeta, Marcos Pin á guitarra, Max Gómez á batería e Juan Cañada ó contrabaixo, coa colaboración do saxofonista Pablo Castaño en dous temas) presenta un disco impecable, sinxelo, onde cada cousa encaixa no seu sitio, que se toma o seu tempo pra che ir envolvendo, no que os músicos semellan toparse cómodos. Na funda ven unha foto tirada po Rodas Isqueiro que xa me gostaría tela feito a mín.

E era iso.
Unhas consideracións finais: nengún destes traballos está editado por unha multinacional ou algo semellante (o primeiro creo que é de Nakra ou de Sinsal, os outros tres son FreeCode Jazz Records), así que probablemente non poderás mercalos no Corte Inglés nen no Alcampo ó fondo á dereita xunto á sección de embutidos.
Eu tiven a sorte de ver e escoitar a toda esta xente defendendo os seus traballos en directo, e conseguín ós discos directamente dos músicos cos fixeron; vos aseguro que é o xeito mais sinxelo, ilusionante e honrado de facerse cun disco.
É de facer notar a pouca presenza de mulleres nas grabacións reseñadas. Boeno, e que exceptuando a Mónica de Nut, non hai nengunha. O cal semella bastante raro. Por favor, que alguén mais listo ca mín (é dicir, case que calquera) investigue e explique o motivo de que haxa tan poucas músicas no campo do jazz, improvisación ou como queiras chamalo.
Outros discos non comentados eiquí, pero que farías moi ben en conseguir: o do gran Paco Charlín, “Flood” e o de Radio Cos (homónimo). Non tiven ocasión de escoitar inda o último de Sés, que hai quen di que está moi ben. Sumrá, que eu saiba, non grabou nada últimamente; tampouco sei nada de Lucía Martínez. Teño que me facer cos traballos de Iago Fernández e de Chus Pazos…
Boeno, mais nada. Grazas a todolos que asomedes por esta páxina.
Un pensamento pra compartir, deses que se me ocorren moi de cando en cando (afortunadamente): quen non ten nada que perder, probablemente non ten nada que dar.
Je.

E mais nada. Ata mais ver.

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 de novembro de 2013. Un conto pre-navideño (ou así).

Vouvos contar un conto. Un conto de alces. Supoño que saberedes o que é un alce, pero en caso contrario, sempre podedes acudir á Wikipedia ou un sitio deses e vos informar. Ben.
Antes de empezar, duas advertencias: unha, o conto non é meu, linno nalgures e agora vou facer un bonito exercizo de memoria, reescritura e morro; outra, se saides de casa, asegurarvos de deixar o gas apagado, os grifos pechados, e de lle pór comida ó gato. Animaliño. Él non ten a culpa dos vosos estrafalarios costumes sociais.
Imos alá, pois. Un último aviso: este conto non ten moralexa.
A cousa vai así: o Zar Nicolás e o Kaiser Guillermo (podes botar un ollo á Wikipedia e ver quenes eran estos simpáticos persoaxes), a pesares de ser medio curmans, ou precisamente por elo, viñan de ter unhas desavenencias entre eles, que inda que non desembocaran en enfrentamento aberto, deixáranlles mal corpo. Desexosos de restabelecer as boas relación, fixéronse mutuos xestos de achegamento, e, entre eles, un intercambio de regalos para selar a renacida amizade entre familiares e nacións.
Non sei que regalo lle fixo o Kaiser ó outro. Sen dúbida, algo distinguido, exclusivo, e moi caro. Podía permitírseo: despois de todo, os cartos non saían do seu peto.
O Zar regaloulle ó seu curman unha manada de alces.
Puntualicemos eiquí que estes alces non eran uns alces calesqueira, topados pola rúa, suxos, famentos e medio parvos. Non. Estes alces eran fora do común. Magníficos, fermosos, maxestuosos. Un só daqueles alces valía máis que a plantilla completa dunha fundición. O non vai máis en cuestión de alces. Diños dun rei. Ou dun Kaiser.
A éste, cando soubo en qué consistía o regalo, non lle fixo alá moita graza. Teríalle feito máis ilusión un tanque, por exemplo. Pero, con ocasión dunha visita a Rusia que tivo lugar pouco despois, ante a insistencia do Zar, foi coñocer persoalmente ós alces, e nada mais velos quedou prendado deles. “Nunca vira animais máis fermosos”, exclamou. É de suliñar que por eiquí, por Teis, polo Morrazo, por Chapela, non abondan os alces, e calquera destes animais que véramos por casualidade pareceríanos extraordinario; máis o Kaiser xa tiña visto cantidade de alces, e inda así estes lle pareceron especialmente diños dil. Así que ordenou o seu traslado inmediato a Alemania.
O cal, dende o punto de vista loxístico, era un auténtico pesadelo. Pero os esforzos combinados dos Ministerios de Exteriores, de Transporte, de Defensa, de Medio Ambente, de Cultura, de Agricultura, e de varios centos de funcionarios, soldados e traballadores fixo posible que a manada atravesara media Europa sen sufrir menoscabo algún e chegara ó seu país de adopción.
Alí, en Alemania, escollérase un inmenso bosque como novo fogar dos animais. O clima era idéntico o do seu lugar de orixe, había comida (o que sexa que coman os alces) en abundancia, as augas eran cristalinas, e podedes engadir todolos tópicos que queirades, pero vaia, o sitio era mais que adecuado, un auténtico Paraiso alciano, que foi convertido en Parque Natural de Categoría Especial. Os poucos lugareños que habitaban nas inmediacións do bosque foron conveñentemente deportados. Decreteuse a pena de morte para quen fose alí sen permiso gubernativo de alto nivel. Instaláronse vixilantes, veterinarios, biólogos, cunha doble misión: que ninguén molestase ós animais, e que éstes tiveran a existencia mais doada e feliz concebible.
O Kaiser, sempre que as suas moitas obrigacións (unha guerra eiquí ou alá, asegurarse de que a maior parte dos seus súbditos fose adecuadamente explotada, e de que os militares de alto rango, os seus familiares, a aristocracia e a alta burguesía estivesen contentos, boeno, o que fan os káiseres, xa se sabe) ía de visita ó bosque dos alces e alí deleitabase cos fermosos animais; de feito, éstes convertéronse na sua distracción preferida (coa única excepción da guerra, quizais). As visitas ó bosque dos alces eran un remanso de paz na sua axitada vida de estadista; este feito era coñecido polos seus mais íntimos colaboradores, que facían todo o que estaba na sua man (que era moito) para que a existencia dos alces fose o máis pracentera posible.
Esta situación durou dous ou tres anos.

Eiquí vai un espazo en branco para sinalar un intre de inflexión no relato, e para que aproveitedes para ir lle dar de comer ó gato. Se esta páxina tivera publicidade (que lóxicamente non ten), iría eiquí. Vale. Alá vai a segunda parte:

Un día, os operarios do bosque toparon un alce morto. Era un alce novo, non semellaba ter enfermidade nengunha, nen ter sufrido accidente de nengunha crase. Os poucos días toparon outro, e o día seguinte dous mais. Nas duas semáns seguintes morreron nove animais . As autopsias realizadas polos biólogos do parque non revelaron nada anormal, non sendo o caso dun alce de edade xa avanzada que ben poidera ter morto de vello. A inquedanza apoderouse dos coidadores; dada a debilidade co Kaiser sentía polos animais e o mal xenio que tiña, non eran somente os seus postos de traballo os que estaban en risco. Nunha reunión de urxencia, os vixilantes, biólogos e veterinarios do parque acordaron tres cousas: enviar un becario tatexo e non moi espabilado a Berlín pra lle comunicar en persoa as malas noticias ó Kaiser; encomendarse a Santa Bríxida, patroa dos animais astados; e preparar un par dos alces recentemente falecidos á brasa para cear (esto último en interés de Ciencia, como sacrifizo persoal e porque tiñan fame).
Os alces á brasa estaban estupendos, e a ninguén lle pasou nada.
O becario tatexto chegou a Berlín e tardou duas semans en explicarlle a un funcionario de rango Z o que pretendía; mes e medio despois falou cun cuñado do vicesecretario agregado de asuntos internos adxunto o Ministerio de Deportes; despois dunha longa peripecia burocrática-administrativa, durante a que estivo duas veces no cárcere, tivo finalmente a sua entrevista persoal co Kaiser.
O Kaiser púxose lívido de furor e desacougo pero, sendo como era un eminente home de estado, enseguida empezou a tomar decisións, entre elas: enviar o becario de novo ó cárcere, con cargos de alta traizón (foi fusilado duas semans máis tarde); suspender o bombardeo dunha aldea levantisca do Sur de Prusia que él mesmo ía coordinar; tomar un remedio caseiro prá dor da cabeza, antecedente da aspirina; e crear un Alto Comité Pra Salvazón Dos Alces Imperiais, nomeando pra formalo os máis distinguidos biólogos, médicos, veterinarios, filósofos e músicos de Alemania, que daquela era case que dicir do mundo. Ós nomeados maldita a graza que lles fixo formar parte daquel Comité, pero non lles quedaba outra. Nun tempo incriblemente rápido o Comité estaba formado, equipado, ben pagado e desprazado ó Parque dos Alces, de onde fuxiran a maior parte dos coidadores primixenios (con moi bó criterio).
O Alto Comité fixo máis ou menos o mesmo que xa fixeran os coidadadores iniciais, pero máis polo miudo e mellor. O auga era inmellorable, así como o alimento; non detectaron nengún virus ou cousa semellante; o clima seguia sendo sumamente axustado á natureza dos animais. Mesmo comeron uns cantos á brasa (en interés da Ciencia, como sacrifizo persoal e porque tiñan fame) e non se sentiron indispostos pra nada. Así que fixeron unha reunión do mais alto nivel, e acordaron declararse impotentes ante o misterio da mortandade alciana, encomendarse a Santa Petunia (patroa dos animais con pezuña) e comisionar a un matemático medio lelo que ninguén sabía moi ben que facía alí e que lle caía bastante mal a todo o mundo pra que lle fora comunicar ás noticias o Kaiser en persoa, coa recomendación de que lle pidera axuda o seu medio curman o Zar, pois sendo o dono da zona orixinaria dos alces quizais tivera algún tipo de solución o que xa se podía calificar de misterio científico.
O matemático foi, pois, onde o Kaiser e lle comunicou o resultado do estudo. O Kaiser cabreouse bastante, púxose, de novo, lívido de furor e desacougo, e acordou: enviar a cadea ó matemático, acusado de alta traizón e de caerlle bastante mal a todo o mundo (foi fusilado duas semans mais tarde); destituir ó Comité e enviar ordes de busca e captura contra todolos seus membros (de todolos xeitos a maior parte deles se topaban xa en Padua, onde montaran unha comuna); cambiar as alfombras do seu despacho, que lle repelían dende hai tempo; e, e isto foi o mais duro de todo, solicitar axuda ó Zar.
Éste (o Zar)recibiu a petición de axuda do seu medio curmán cunha mestura de desprezo e alegría; sempre sostivera co Kaiser era medio parvo, e que o povo alemán, en conxunto, era altamente ineficente. O feito de que nen sequer poideran manter con vida a uns poucos alces confirmoulle nas suas sospeitas, e empezou a barallar a idea de lle declarar a guerra a Alemania a medio prazo; esto (planexar futuras guerras) era algo que sempre lle alegraba o día. Pero, polo pronto, decidiu intentar frear o desastre dos alces, porque apreciaba aqueles fermosos animais, e porque, en caso de conquerilo, amosaría a superioridade rusa en xeral e a sua propia en particular sobre a ciencia alemana en xeral e ó seu medio curman en particular. Así que cursou ordes para que o seu Ministro de Vida Animal e Recursos Estrátexicos localizara ó maior experto que houbera en Rusia sobre alces, co informara e o adoutrinara conveñentemente, e co subirá nun tren rumbo a Alemania no menor prazo posible.
Duas semáns despois na estación central de Berlín (cuio nome en alemán é francamente ridículo) unha alta representación do Estado agarda pola chegada do experto ruso. Alí hai ministros, centíficos de alto nivel, o alcalde e varios concellais, un par de amantes e uns cantos familiares do Kaiser, unha actriz que está moi de moda, xenerais de alto rango, un tipo que ninguén sabe quen é pero que sempre se acaba colando onde percibe que vai haber comida gratis, un héroe da guerra francoprusiana que perdeu un brazo, un ollo, as duas orellas, as duas pernas e o apéndice en combate, un boxeador moi popular, e a Orquesta Sinfónica de Berlín, ademáis dun cento de periodistas de diferentes medios.
Chega o tren (apenas duas horas de retraso, que a Orquesta ameniza tocando valses e temas populares tiroleses, e o boxeador machacando a varios periodistas). Como ninguén coñece ó experto ruso, o Comité de Recepción faille os honores a todolos tipos distinguidos que se baixan do tren (un sastre, un tahúr, un proxeneta internacional, un tratante de xoias e obxetos roubados, un par de espías, un escultor de vangarda complemante alcolizado…) ata que reparan nun individuo especialmente desagradable que resulta, finalmente, ser o tal experto. O suxeito apenas mide un cuarenta, ten uns enormes bigotes suxos de nicotina, fáltanlle todos os dentes de arriba, fuma uns pitillos asquerosos liados co que parece ser papel de periódico e viste coma un mendigo ou un campesino (os membros do Comité non serían capaces de distinguir unha cousa doutra). Para alivio de todos, o ruso, cuio nome é impronunciable, despois de amosar a suas credenciais, comunica o seu desexo de se trasladar de inmediato ó parque dos alces, facer a sua encomenda e voltar pra sua casa onde, afirma, ten moito chollo atrasado.
Dous días despois está xa no parque. Catro días despois comúnicalle a autoridade (militar) do bosque dos alces que xa ten a resolución do enigma da mortandade dos alces, e exixe ser trasladado a Berlín pra llo comunicar en persoa ó Kaiser. A autoridade (militar) fai as xestións oportunas, e dous días despois o ruso xa está no Palacio Imperial.
(Notariades que eiquí lle metín un acelerón ó relato, pero e que, oes, esto xa se está alongando de mais e seguramente tendes cousas que facer; eu sí, polo menos).
Vale. O Kaiser ten ante sí, pois, a este home ruso, dunha crase e unha raza claramente inferiores, que segue vistindo a mesma roupa coa que viu e segue fumando os seus apestosos pitillos, un home ó que en circunstancias normais non dubidaria en mandar executar sen ne sequer míralo; un home ó que despreza (como á maioría das persoas, por outra parte), pero ó que agora necesita. A través dunha intérprete (que se mantén prudentemente alonxada do ruso para non se infectar algunha porquería), o Kaiser pregúntalle o experto (que non leva con él nengún estudo nen documento de nengun tipo):
-Sabe de qué morren os meus alces?
O ruso bota unha bocanada de fume altamente contaminante e asinte coa cabeza.
-En nome de Deus, é a comida, é o clima, qué?
-A comida, o auga, o clima son excelentes.
-Qué lles falta ós meus alces, pois? De que morren?
O ruso segue fumando tranquilamente; cun atrevimento nunca visto na Corte Impersial, sorrí amosando a sua boca estragada, e respostalle:
-Os lobos. Ós alces faltánlle os lobos. Morren de aburrimento.
E xa está. Vaia chapa, eh. Boeno, ó final ó mellor si ten moralexa. Ou non. É igoal. A idea do conto está tirada do libro “La muerte del enemigo”, de, vaia, agora non me lembro, un libro incriblemente coñazo que non fun quen de rematar (e vos aseguro que é moi raro que eu non remate un libro).
Teredes observado que ler as cousas que aparecen no sitio éste non vos fai mellores persoas. É certo. Ese efecto (o de facerse mellor persoa) somente o consiguen U2, Manu Chao e Paulo Coelho, e pode que algún outro; todos eles, estardes dacordo conmigo, altamente detestables.
Coidadevos. O inverno é moi traicioneiro. E mais nada.






Boeno, mira. Como xa había ben tempo que non puña nada eiquí, vou ver de vos deixar algo de Radio Cos, que sempre molan moito. E non, non teño nen idea de porqué o texto non sae xustificado, e xa sei que é molesto pero que lle imos facer.