viernes, 12 de abril de 2013

12 de abril de 2013. Poesía e saliva.

        
   
A poesía existe a pesar nosa, a pesar, sobre todo, dos poetas. É inevitable, como a chuvia. Está aí, diante nosa, cada día. Existe, inda que probablemente perdéramola capacidade de reconócela ou de adiviñala. Ou eso quero crer.
            Existe, inda agora, nesta época idiota, nesta democracia de centro comercial, nesta terra de orgullosa vulgaridade sen límites, nesta sociedade de mediocridade elevada a modelo, nesta vida de teléfono móvil, de teletenda, de xa é primavera no Corte Inglés, de axustados horarios imposibles, de xuventude eterna e imbécil. Existe, ou eso quero crer.
            A poesía é un arma carregada de futuro, dicía Celaya. Probablemente sexa mentira, pero qué mais da. Na beleza sempre hai un compoñente de mentira, de engano, de espellismo. A beleza minte, igoal que o fermoso doe. Quizais por eso polo habitual  preferimos o vanal, o brutal, o estúpido, o vulgar, o mediocre.
            A maior parte de nós, admítámolo, somos cativos, insulsos, pobres. Non temos talento. Os nosos soños son dictados pola televisión (prá xeneración á que eu perteñezo; a radio, Internet ou o que veña agora cumpriron ou cumprirán a mesma función pra outras xentes). Queremos o que temos que querer: somos perfectamente previsibles. Conformamonos, adaptámonos, acomodámonos. A vida, sexa ou que sexa iso, acontécenos. Somos personaxes secundarias da nosa propia existencia, somos o telón de fondo necesario, somos a multitude que aparece no intre oportuno pra realzar o valor do heroe e a beleza da heroína (ou viceversa), somos prescindibles, intercambiables.
            Así somos, moitos de nós, case que sempre.
            Mais as veces sucede, porque sí, que unha voz, unhas letras xuntadas dun certo xeito, o movimento dun animal, unha lembranza, un cantar, unha imaxe, un xesto, eu que sei, completa a liña de puntos, o que sexa, fainos sentir que estamos no sitio e no intre adecuados, que somos propietarios da nosa existencia (“…son o amo do meu destiño, son o capitán da miña alma”, que dicía o outro). Que hai ocos no noso interior raramente habitados, e que semellan cálidos. Que hai selvas no noso interior salvaxes e indomables. Que en certo xeito, todo pagou a pena. Que a vida doe, a vida queima, a vida é doce e salgada. Que é nosa.
            Chámalle, por exemplo,  poesía a eso que sucede de cando en vez, e que un sinte confusamente, sen ser capaz de expresalo. E que os chamados poetas, que probablemente sinten o mesmo que calquera de nos, son capaces de converter en palabras. “Intermedian”, por así decilo, entre a poesía e nós. 
                       
Na tumba de Lois Pereiro está escrito:


Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.

            O cantante do grupo Cicatriz, na sua derradeira actuación, xa moi enfermo e con muletas, achegouse ó borde do escenario  e xirouse a viseira, amosándolle o rostro estragado ó público. Dixo algo como “aproveitade agora que non ides ter  outra ocasión.” Unha chuvia de lapos asologoulle  a faciana. Foi un recoñocemento, un adeus, unha celebración. E, vale, un montón de cuspe. Supóñovos familiarizados cos rituais punkis.
            Poesía?
           
            Védes por onde vou?
            ---
(Longo, confuso, coñazo e sen obxectivo: ésta é, sen dúbida, e de novo, a páxina de carlos, ún de teis, o único culpable do que eiquí pase. )
         ---
     



       Boeno, inda ca miña vida social consiste básicamente en rascarlle a cabeza a algún gato coñecido (que se deixe), as veces salgo a alternar (jeje), e vou a algún concerto que outro. O mes pasado tiven o pracer de ver no Teatro Principal de Pontevedra a Joao Mortagua, incríble (polo bó que é) saxofonista portugués, acompañado por Paco Charlín, Xan Campos, Iao Fernández e Max Gómez. O concerto foi excelente. E xa estou farto de pór adxectivos encomiásticos. Por si alguén quedou con gañas de ir, vai un video-vía-youtube que recolle parte do tal concerto.



E xa está. Recuperando a normalidade.

miércoles, 3 de abril de 2013

Miguel Carballido.

Uns días antes da primaveira do 2007 faltounos Miguel Carballido. Ademais de moitas outras cousas, Miguel foi membro cofundador da aventura, do desvarío, da experiencia, do proxecto sempre sen rematar que foi, ou quizaís é, o Ateneo Libertario de Vigo.
 A páxina de “carlosdeteis”, hoxe, é, porque sí, porque nos pareceu ben,  a páxina do Ateneo, espazo no que algunha  xente compartimos con Miguel un anaco importante, prezoso, inesquecible da nosa vida.  O que segue a continuación é, en primeiro lugar, a colaboración que enviou o Ateneo á revista anarquista “La Campana” pra ser publicado no número especial adicado a Miguel cando o seu falecemento; seguen textos feitos para esta ocasión por Larri, Puri, Estrella e Juan; e eiquí e alá, fotos tiradas de diferentes sitios e de épocas moi dispares.
Non é unha elexía, nen o lamento dunha perda. Véxase mais ben como a celebración do tempo que compartimos, nós e outros, con Miguel.

"Miguel Carballido foi, antes que nada, anarcosindicalista e militante “do” Sindicato (primeiro CNT e despois CGT, o único posible para él, foran cais foran as siglas), e foi a esta faceta á que lle adicou mais traballo e tempo. Sen dúbida, tamén é pola sua actividade sindical polo que foi mais coñecido e é lembrado.
Ademais, Miguel foi membro do Ateneo Libertario de Vigo dende a sua fundación, aló polo ano 1996, e é a este aspecto da sua militancia á que vai adicado este pequeno artigo.
O Ateneo xurdiu no ambente sindicalista e libertario de Vigo, cunha certa ambiguedade nas formas e nos obxectivos, que probablemente eran diferentes para cada ún dos fundadores; esa falta de definición, que chega ata hoxe, se ben é molesta e desconcertante, incluso para nos, tamén constituiu (quizais todavía o faga) un dos seus principias atractivos.
Así, se ben foi admitido por todos que a difusión é práctica da cultura libertaria era o principal obxectivo do Ateneo, nunca quedou moi claro o “carácter” do colectivo: ben militante, promovendo e sumándose a accións, ben cultural, organizando charlas, debates, etc. Habitualmente, basculamos entre as duas opcións, alternando etapas de actividade frenética con épocas de paralización case que absoluta. Por outra parte, o Ateneo, aparte dunha vaga definición como “libertario”, case que nunca se pronuncia sobre cuestións ideolóxicas ou de identidade.
Miguel participou en todo o desenvolvemento do colectivo: dende a fundación, a organización dos primeros actos (na Asociación Veciñal de Lavadores), ó enfrontamento coa CNT-Vigo (posiblemente foi Miguel un dos mais afectados polo tema en cuestión), a campaña a favor de Mumia, a participación nas campañas anuais  de Obxección Fiscal, o traslado ó local de Rúa San Vicente, a consecución do local propio na Rúa Santiago, a coordinación con colectivos como a MOC e Caleidoskopia, a campaña pro-presos do 2002, a colaboración na creazón da Xuntanza Libertaria, a colaboración coa CGT e CNT no primeiro “espazo antimilitar”, a perda do local, … Tantas cousas…
Pero, mais que nada, hai que pensar que no Ateneo, tanto na época que tiñamos local como as que non, a maior parte do tempo non se facía (e non se fai) nada… Nada que non fose falar, debater, comentar as noticias, fantasear, compartir lecturas… E quizais esta vida “interna” e inútil do colectivo é, para os que participamos nela, a mais interesante.
Neste ambente, Miguel amosábase xeralmente moito mais relaxado que no sindicato; conversador infatigable, documentado, firme nas suas conviccións, amable, cun grande sentido do humor… Agás nun par de ocasións (xeralmente cando o tema de Palestina saía á palestra), debater con Miguel, inda que non se estivera dacordo con él, erá un pracer.
A este tipo de colectivos, que non teñen cargos, nen congresos, nen estructura, nen cartos, que apenas son colectivos, ún aporta a sua propia personalidade. Miguel, para fortuna nosa, aportou parte da súa nobreza, da sua honradez, do seu inxenio. É culpa nosa se non o aproveitamos mellor.
Foi un pracer, foi un orgullo, foi un privilexio, compartir con Miguel este pequeño intento de difundir e pór en práctica a Idea.
Que a terra te sexa leve, compañeiro."
Ateneo Libertario de Vigo. Marzo, 2007.

            Lembrar a Miguel é lembrar a amizade que compartimos moitas persoas. Amizade que desgraciadamente nesta sociedade actual, e xa daquela cando vivía, é case un residuo antropolóxico. Hoxe en día a amizade é emborracharse e drogarse cando es moz@ para esquecela despois por compañeir@s de traballo ou aficionad@s a un mesmo pasatempo ou hobby ou falsa paixón ou organización, ou outras actividades xa deshumanizadas e cunha interrelación persoal escasa, incompleta, superficial, interesada… Lembrar a Miguel agora é activar unha amizade que estamos a compartir moitas persoas entre nós de xeito pleno, pola nosa propia vontade, entre iguais, desinteresada con un ou unha mesma e ao servizo d@s demais, profundamente moral, apaixonada pola verdade, coa consciencia da imperfección e negatividade individual e a ledicia dos logros colectivos, conquistadora de bens inmateriais, absolutamente respectuosa e integradora, en fin unha amizade esencialmente humana, e polo tanto incompatible co capitalismo estatal que levounos e lévanos a unha loita sen final contra todo tipo de goberno, jerarquía ou opresión.
            A morte repentina de Miguel foi dolorosa espiritualmente para a nosa amizade e a nosa loita ainda si, evidencia a fugacidade da vida, o paso do tempo e a morte, características substanciais da esencia humana que debe impregnar toda amizade e loita fraternal verdadeira.
Larri.


Votamos de menos a Miguel. Cada un de nos saberá porqué.
Por estas datas finou hai uns anos e ainda non nos resignamos. Por iso e porque o votamos en falta o lembramos xuntos dende eiquí.
Sigo tendo presente a Miguel en moitas e moi diversas ocasións. A sua lembranza faise inevitable en según que momentos, pero é nas festas cando máis me gusta lembralo. É aí onde sigo escoitando clara e alta a sua risa no medio do rebumbio, e non podo evitar sorrir cando o sinto.
Cada un lembrará a Miguel saberá porqué e conservará del o que poido obter, pero eu o lembro especialmente nas festas e do que obtiven de Miguel, conservo como un tesoro a sua risa. Así é que Miguel, un bico e ata a próxima!
Ah! E obrigada polas risas.
PFM.




Hasta que pasaron lista en clase no supe que se llamaba Miguel Carballido. Apareció, de repente, desde la última fila en la que se solían sentar él y su amigo hasta dónde yo estaba. Lo conocí colocándome las tildes o las comas, (que yo siempre olvidaba a la hora de tomar apuntes) y ya estuvo el resto de su vida corrigiéndome los textos, todo lo que publique en “La Campana” o la época en que escribí cuentos él fue mi corrector y mi lector más crítico. Leer y escribir eran dos cosas que le apasionaban, por eso me pareció una buena forma de recordarle, compartir algunas pinceladas de su relación con la literatura.
 Los que le conocisteis sabéis que era muy sociable en la calle, le encantaba la tertulia en torno a un vino, salir los días soleados y encontrarse con amigos, sin embargo apenas recibía visitas en casa. Necesitaba un  espacio dónde guardar sus cosas, leer la prensa sin interrupciones (algo que detestaba) y así como era exageradamente generoso, no era amigo de compartir todos sus pensamiento ni su espacio. Su espacio era solo suyo. Solo algunos podíamos acompañarlo de vez en cuando.  Tampoco tenía aprecio por casi nada material, salvo sus vinilos y sus libros pero, sobe todo, sus libros. Le gustaban de una forma sensual. Los olía nada más comprarlos. Le encantaba el olor de la tinta de las ediciones antiguas. Acariciaba las encuadernaciones, las tapas, y si el libro le gustaba ponía su nombre y el año en la primera página y, en muchas ocasiones, algún pensamiento del momento. Muchas de sus citas están hechas en viajes,  en las librerías de viejo o los rastros de Paris o Madrid.
 Sus temas de lectura eran muy dispares ya que, aunque lo que más destaca de su biblioteca son los temas sociales o los clásicos del anarquismo, también le interesaba la ciencia, la novela de viajes o la poesía y era feliz cuando encontraba en un rastrillo un tebeo antiguo de Tex, ya que, aunque se crió con el Capitán Trueno y El Jabato y más tarde se aficionó a los Asterix y Luky Luke, los de Tex eran sus favoritos.
 En la época en que estudiaba Graduado Social y trabajaba en Tui, intentó con dos compañeros crear  la Federación Local Obrera de la CNT. Incluso ponían un puesto de libros los domingos, en el Paseo de la Corredera. Allí leía a Bakunin, Kropotkin, Miguel Hernández. De esos años son, también, los libros de Anselmo Lorenzo o Brertand Russell.
Leía con bastante fluidez tanto en portugués, que conocía por sus años trabajando en la aduana de Tui, como en francés, gracias a Isabelle, un amor de juventud que vivía en Montauban y con la que se escribió durante años, y le animó a estudiar en la Escuela Oficial de Idiomas.  De entre las lecturas lusas le gustaba Pessoa, pero mucho más toda la obra de Saramago, que releía muy a menudo y, en francés, los clásicos del XIX y algúnos titulos de Milan Kundera .
 La mayoría cree que comenzó a escribir en La Campana, pero no fue así. Escribía en cuartillas, sobre todo, que dejaba entre los libros. Otras veces eran cartas que quedaban en una caja con fotos del colegio, postales y canicas. Solían ser pensamientos, muchas veces tristes, recuerdos infantiles, versos de enamorado. Algunos se han perdido en las mudanzas, otros los conservo como una joya. Muchas veces dejaba cuartillas para que las encontrase con versos suyos mezclados con otros de Oliverio Girondo o Mario Benedetti y me retaba a distinguirlas…Benedetti era su poeta favorito, a pesar de gustarle Neruda, Lorca, Machado, Miguel Hernández o Kavafis.
 Como columnista detestaba a Vargas Llosa y, aunque era lector de Gala cuando hacia La Tronera en El Independiente, sus novelas no le decían nada. Sin embargo, le encantaba la acidez de los reportajes de Maruja Torres y buscaba siempre las columnas de Juan José Millas o las novelas de Pérez Reverte, y descubrió a Noam Chomsky y a Ignacio Ramonet gracias a las ediciones de prensa.
 Con la muerte de su padre, José,  una parte chispeante de él murió para siempre. Le invadió mucho tiempo una sensación de soledad y pequeñez. En esa época rescató algunas lecturas infantiles, como las obras de Julio Verne, el clásico Moby Dick  o“Momo” de Michel Ende, pero también se aficionó a autores más densos, como Sanchez-Ferlosio, Delibes, Carlos Fuentes, Rafael Argullol o Vázquez Montalbán, y varios títulos clásicos de filosofía.
 Tras una etapa como asesor jurídico de CGT y una importante crisis personal, en la que apenas leía,  volvió a recuperar esta pasión gracias a su amigo Seso, con el que intercambiaba libros y más tarde, cuando su madre, Rosalía, comenzó a mostrar síntomas de Alzeimer y necesitaba que pasasen más tiempo con ella, se pasaba tardes de domingo leyendo, mientras ella veía la televisión. De esa época lo recuerdo leyendo “Todas las familias felices” de Carlos Fuentes, o “La historia del rey invisible” de Rosa Montero, por ejemplo, bajo la mirada de Noa, un perrito que recogimos en la protectora de animales para hacer compañía a su madre.
 Los últimos meses,  enfermo, no era capaz de concentrarse en la lectura por la medicación, y prefería dar paseos, a pesar del invierno,  por la finca en la que estábamos, o irse a trastear en la cocina de leña con un libro de recetas, por ejemplo, aprendió a hacer flanes de chocolate. Dejó un marcapáginas en la 31 de “Os libros arden mal” de Manolo Rivas, a pesar de gustarle el autor,  y apenas empezado “La catedral del mar”, ambos regalos de dos amigos.
 Para terminar, me gustaría nombraros los libros que tuvieron un espacial valor para él, pero pecaría de soberbia si lo hiciese, sin embargo hay dos con los que yo lo identifico plenamente, el primero, una edición antigua de “El apoyo mutuo” de Kropotkin y el segundo “La insoportable levedad del ser” de Milan Kundera,  comprado y garabateado en el metro de Paris. Ambos están ahora con la caja de canicas que me regaló después de algunos años, en donde guardaba  tesoros infantiles, fotos, billetes de metro, las cartas de sus novias de colegio. También tengo algún poema junto al último libro que me regaló, semanas antes de irse, “El viaje a la felicidad” de Punset, del mismo autor acababa de leer “El alma está en el cerebro”, en el que dejó escrito, como una premonición: Vigo, noviembre 2006 –en el “bucle”-
  
Estrella García.




 Texto que remite Juan:

 






E xa case que está. Ímoslle pegar un video de Leo Ferré dunha canción que lle gostaba especialmente a Miguel (e coa que nos estivo dando a brasa nunha viaxe de volta dende Valladolid).

Pra rematar, unha lembranza pra Antonio Palacios, "Palas", recentemente falecido.

miércoles, 27 de marzo de 2013

27 de marzo de 2013. A vertixinosa carreira dun escritor galego.

            O outro día, unha certa persoa preguntoume “sendo ti un escritor galego, como é que somente falas de narradores americanos ou ingleses, e non doutros escritores galegos? como é que non recomendas libros escritos na Galiza?”.
            Estiven a piques de cair redondo ó chan. Non tanto pola pregunta, por suposto, senon porque alguén dotado de intelecto, supoño, me considerara “un escritor galego”, e non “un tipo que as veces escribe cousas divertidas”, que era a miña máxima aspiración ata ese intre, ou “un paiaso depresivo e bastante coñazo”, que, me temo, é a opinión xeneralizada sobre a miña, mmm, digamos obra.
            Así que disfrutei coma un can. Vaia. Un escritor galego, nada menos. Eu. Hum.
            Pra ser honestos, hai que recoñocer que a certa persoa que tal pregunta fixo estaba nun estado de embriaguez bastante alarmante, e que é moi boa xente, e que é moi xentil e sempre di cousas que un desexa ouvir. Pero inda así. Coma un can trotando pola praia,  xa che digo.
            Intentei amoldarme urxentemente ó meu novo rol (“qué fai un escritor galego cando alguén lle pregunta algo?”), así que estireime pra parecer mais alto,  rasquei nunha orella, puxen cara de pensar, mandeille un grolo á copa de anis-del-mono, subín a petrina, boteille unha ollada á televisión (Rajoy falando de xustiza social, válgame Deus),  esquecinme da pregunta, e invitei a outra copa. A certa persoa coa que estaba aceptou rápidamente e tamén esqueceu a pregunta. Pero o mal xa estaba feito.
            Ó día seguinte (festivo), cunha resaca considerable, olleime no espello do baño e pensei “mira ti, un escritor galego”. Non semellaba moi distinto do habitual: feo, vulgarote, vello, apampanado, serio, triste, enfermo, inútil… Coma sempre, vaia. Encendín un ducados, acertei a potear dentro do retrete, puxen un disco (o moi apropiado e magnífico segundo disco de 2US), fixen un café, quemei mais tabaco. O de sempre. Sentei, ou mais ben cain nunha cadeira, e deixei cas preguntas me asaltaran: “A ún lle pagan por ser escritor galego? Un tipo que escribe chorradas que non lé ninguén ten direito a algún tipo de subvención? Debería sair na TVG anunciando o meu próximo (e inexistente) libro? Debería mercar unha chaqueta? Baixo á panadería ou encargo unha pizza? Fago unhas tarxetas que digan “XCM, escritor galego”? Qué lle poñen agora ó Ducados, que sabe asqueroso? Por qué non deixo de beber se sei que me senta fatal? ” E cousas así.
            Decidín duas cousas: unha, que ía deixar de beber (alcohol, se entende); e duas, que ía adicarlle o tempo que fose necesario a determiñar se eu era realmente “un escritor galego”. Da primeira decisión mellor non falar. Da segunda, ós tres minutos, vintesete segundos e algunha décima que outra, xa tiña resposta: non podo ser “un escritor galego” porque: a) Non son profesor de Instituto. b) Non teño nengunha relación co suposto “mundo literario” que seguramente existe. c) Non lle vexo nengunha avantaxe. d) Non teño pasta para mercar chaquetas nen para encargar tarxetas. e) Non estou afiliado a nengún partido nacionalista institucional, nen gañas. E, f)… Boeno, agora mesmo non me lembro, pero había unha f), estou seguro.
            E así rematou a miña carreira de escritor galego. Foi curta, pero intensa. En fin. Gardo lembranzas agradables. Foi unha bonita experiencia. Unha vivencia que me deixou marcado. Por favor, se alguén coñece un outro  cliché apropiado, que complete a liña:
            Por se alguén ten interese (que non creo, pero nunca se sabe), non falo de narradores  galegos porque ós que coñezo non me gustan, e porque detesto ós profesores de instituto. Os de universidade, tamén. E, por suposto, haberá escritores galegos moi interesantes, e se alguén coñece algún, e fai o favor, pois que mo recomende, e se ten algo na Biblioteca, pois o collo e tal. Hai unha máxima que me ensinaron na casa: “pra falar mal de alguén, mellor non dicir nada” (boeno, mo dicían en castelán, pero o sentido era o mesmo); dos escritores galegos actuais que eu coñezo, non vou dicir nada. He.
            Somente me queda agradecer á certa persoa que durante unha noite, e equivocadamente,  convirtiume nun escritor galego. Fíxome bastante feliz, e lle debo unha. Outra.
            Ah, vaia, agora me lembro. A f) é que realmente non sei escribir en galego. A miña obra en Tailandés é pouco accesible, polo intre. Sinto.

Segue un video que recolle a actuación de Sés na praza da Constitución o pasado día 9 de marzo, por se non estivechedes, e tal. Eu sí estivén. E, a pesares da chuvia, paseino fenomenal.


           
E xa está. Levalo o mellor posible. As fotos son miñas, non son o que parecen, e a mín gostanme.

viernes, 8 de marzo de 2013

8 de marzo de 2013. As ruas de Londres.

            Xa non hai santos nas esquiñas, nen miragres nas rúas. Agora a choiva é iso, mais nada: choiva. E a beleza e o terror da vida deben estar nalgures, pero somente topo con eles moi de cando en cando.
            Chamábase Johanna, e viña dalgún sitio de Alemania ou de Austria, por aí. Estivo cantando, acompañándose cunha guitarra que semellaba mais grande ca ela, na   rúa do Príncipe durante un vran que agora semella inverosímilmente lonxano, e non só no tempo.
            Eu era un pailán que rondaba polas rúas do centro, sempre atento a todo o que sucedía, ou que eu cría que sucedía, o meu redor. Ía andando dende o barrio, a primeira hora da tarde, e daba voltas por alí ata ben entrada á noite, habitualmente só. En realidade non facía gran cousa, non sendo descubri-lo mundo. Inventalo, máis ben.
            Chamábase Johanna. Era moi baixiña, tiña o pelo moi loiro e moi curto, sempre vestía camisola negra, pantalón negro e unhas incribles sandalias de plástico rosa. Tamén tiña unha chupa imitación-coiro, negra, por suposto. Tirabana cando empezaba a tocar, e deixabana os seus pés; era onde se supuña que a xente tiña que botar as monedas que lles sobraban. Tiña as unllas de pés e mans pintadas de negro. Debía andar polos vintetantos, quizais trinta anos.
            Eu nunca mirara tal. Nen volvín topar persoa semellante, creo.
            Chamábase Johanna, e cantaba como Dios. Con todo o corpo, como se tivera algo persoal con cada canción, con cada nota, con cada persoa que se paraba a oila. Cantaba cousas de Neil Young, de Al Stewart, de Leonard Cohen, de Cat Stevens, de Joni Mitchell (a sua preferida), cousas así, e transformaba todo o que cantaba en outra cousa, en algo duro, rasposo, vibrante, molesto, emocionante, vivo. Cantaba como se, en vez de estar tocando na rúa por unhas poucas monedas, estivera a cantar no Carnegie Hall ou no Olimpia. Ou polo menos, a mín me facía sentir coma se estivese no Carnegie Hall. Aí é nada.
            Collín por costume  quedar por alí a oila, ata que remataba a última canción (sobre as once media da noite, hora en que aparecía o mítico sereno de Príncipe e mandaba parar).  Ela encendía un pito, inda coa guitarra pendurada, e fumabao en silenzo, sen mirar a ninguén; cando remataba de fumar, deixaba a guitarra no chan, recollía as monedas que había na cazadora e metíanas nun peto, puña a chupa e tiraba a andar, soa, cara a Porta do Sol. E eu tiraba na outra dirección, cara Teis.
            Unha noite dun día de semán (chuviscaba e ía fresco, e non había case que ninguén pola rúa) ela rematou como de habitual. Eu estaba sentado nas escaleiras dos Xulgados, cuias interioridades inda non coñecia pero que me ían ser reveladas ben pronto, e erguínme para me ir, cando ela, co pitillo nos beizos preguntou “One more?” Eu ollei prá dereita, prá esquerda, tras miña. Non había ninguén. Así que debía estar falándome a mín. “One more… which one?” Eu lle dixen “Streets of London”, e ela dixo “Ahá, just for you, Streets of London, under the rain”  
            Chamabase Johanna, e o día que mataron a Abelardo Collazo e en Vigo houbo cen barricadas de lume a pasma cargou contra uns estudantes diante dela, e ela berrou “Viva Ulrike Meinhoff, viva a RAF”, e un policía sinalouna coa porra e díxolle “Logo vimos por ti”, e ela surriu, se encolleu de hombros e cuspiu na aceira. Era uha tía dura.
            Vivía, ou polo menos durmía, nalgún sitio do Casco Vello. Ía vela tocar case que todolos días, e logo camiñaba con ela polo Príncipe case que deserto. Cando eu andaba con algo de pasta (pouca e non moi lícitamente gañada) íamos tomar café ó bar A Mina, onde nos ollaban coma os bichos raros que éramos pero nos trataban ben. Eu falaba no precario inglés que aprendera no Instituto antes que me botaran; ela, nunha mixtura de italiano, inglés e español bastante comprensible e moi divertido. Tampouco é que falaramos moito.  Despedíamonos alí.
            Daquela tamén tocaba no Príncipe un tipo vasco que non me lembro como se chamaba, ó que lle faltaban cantidade de dentes e que só tocaba cancións de Dylan. O home, cando me vía, sempre me dicía “chaval, dile a tu novia que cante más bajo, que si no a los demás no se nos oye.”
            Chamábase Johanna, e eu empecei a roubar cousas pra ela. Iogures, quesitos, galletas, chocolate, cousas así. Eu sempre fora un mangui vocacional, pero non tiña un obxectivo determiñado: roubaba por roubar, cousas que non necesitaba e que a miudo guindaba por aí. Empecei a actuar con criterio, metódicamente, con un fin preciso. Un día leveime do Corte Inglés un surtido de latas variadas: bonito, xoubas, mexilóns e tal. Cando llas ofrecín, despois da actuación do día, tardei un rato en comprender que non as quería porque era vexetariana (“I don´t eat animals”, “Non, eu tampouco odio os animais, sabes”). Eu ouvira falar dos vexetarianos, pero pensaba que eran cousa de ciencia-ficción. Vendímoslle as latas a un trapichero de anfeta e coa pasta fumos a cear ó bar O Alamo. Tallarines con queixo e noces.
            Cando o día íalle especialmente ben (unha vez un jicho con aspecto de artista deulle cincocentas pesetas, un fermoso papel azul, mais bonito co ceo e o mar) íamos ós bares do final de Príncipe, A Viuda e outros que non me lembro, e baixábamos unhas cantas birras. Se se lle ía a man bebendo púñase triste e comenzaba a falar en algo que eu supoña que era alemán. Ou noruego.
Unha tarde topeina nas escaleiras do Xulgado. Tiña o beizo partido, unha boa ostia baixo o ollo direito, e unha man moi mancada. A noite anterior unha parella déralle o pau na rúa Triunfo. Roubáranlle duascentas e pico pesetas e a guitarra, o que pra mín era comprensible. E despois déranlle unha malleira porque sí, de gratis, como dicíamos daquela. “No guitarra, no música, no money.” Encolleuse de hombros e sorriu, ou polo menos intentouno.
            Estivo unha seman de baixa, sobrevivindo, en parte, coa comida que eu apalancaba nos super e na casa, e ós poucos cartos que levantaba cos meus trapicheos de baixo nivel: mercar eiquí e vender un pouco mais alá un pouco mais caro, ir ás farmacias e pór cara de neno guay e dicir moi serio “son prá miña aboa”, mentres un ionqui de anfeta agardaba na porta cós ollos saíndose das órbitas, boeno, cousas así, que vos vou contar.
            Chamábase Johanna, e era dura. Un que tocaba nun grupo que anos despois fíxose famoso coa historia da movida lle deixou unha guitarra española barateira. Ela nunca tocara moi ben, apañabase con tres ou catro acordes sobre os que cantar, pero despois da malleira, coa man chunga e coa guitarra aquela, tocaba de pena. Pero, pra mín, cantaba mellor que antes. As veces adicabame algún tema: “para el bambino, un buen wild chicou”. Se a xente me miraba, eu morría de vergoña e de orgullo. Seguiu sen querer que eu a acompañara á casa; seica non tiña medo ca voltaran atracar.
            Unha cousa que sempre facía, gañara o que gañara no día, era lle levar algo (cinco pesos, por aí) a un home extremadamente vello e con pinta de tolo que vivía entre lixo e miseria nunha casa medio demolida na rúa Progreso. Había quen dicía que era portugués, outros que grego ou chipriota, que fora mariño, que fora soldado, que era un santo, que era un cabrón. Johanna lle daba os cartos, i él lle puña a man (que semellaba unha garra) na cabeza, e dicía algo que soaba coma unha bendición. “Much better”, dicía ela. En fin…
            Despois pasou que tiven un problema de consumo excesivo de cousas mais ben nocivas. Pasou que estiven uns dez días sen me poder mover de casa. Pasou que perdín oito ou nove quilos. E pasou que cando fun polo Príncipe, ela non estaba. “Marchó”, díxome o vasco, “e hizo bien. El verano se acaba, y esta ciudad es muy chunga, tío. Yo me voy antes de diez días, fijo. Y tú deberías irte también, cuando puedas.”
            Era un bó consello. E funme moitas veces, pero sempre voltei. De feito, sigo eiquí. Pero xa non hai maxia nestas rúas, ou moi pouca.
            Nunca fun a Londres.
            Chamábase Johanna. Estivo un vran en Vigo, buscádose a vida, hai moitos anos, hai moitas derrotas, hai moitos golpes. Cantou pra mín, eu robei pra ela. Foi un bó trato. Supoño ca quixen, eu qué sei.
            O outro día escoitei “Streets of London” pola radio do bus. Ralph Mctell e o seu grande éxito. Unha canción en certo xeito conmovedora, en certo xeito babosa. Tirando desa progresión de acordes mintireira que xa patentou Pachebel no século XVI ou por aí. Unha canción en certo xeito ridícula. Unha canción que case que me fixo chorar, que abriu de golpe o saco onde durmían todas esas lembranzas que andan por aí enriba. Tíñades que ter escoitado a Johanna cantala. A canción convertíase nun himno rabioso, de resistencia e diñidade e esperanza. Un “inda estamos eiquí, cabróns.” Inda a escoito na miña cabeza. A voz de Johanna na noite  da cidade golpeada, sobrevoando as cabezas dos ionquis, dos quinquis, dos mariñeiros, dos parados, dos tolos, dos magos, dos santos, dos trapicheros, dos pasmas da secreta, dos perdidos. E un día, hai unha pila de anos, cantouna pra mín.
            Que é bastante máis do que poderíades dicir a maior parte de vos.


           
                       

lunes, 25 de febrero de 2013

25 de febreiro de2013. En clave (de sol)

Custa crer a estas alturas, ben o sei. Cada vez mais. Pero creamos nos que todavía cren, (porque son mais novos, ou mais tontos, ou mellores ca nos). Ou intentemos crer.

 





Ou fagamos como que cremos.

 




Despois de todos, nós non deixamos a Idea, foi  a Idea a que nos deixou a nos. Nunca estivemos á sua altura, de todolos xeitos.
Despois de todo,  quén somos nos, onde están os nosos méritos, as nosas fazañas, a nosa obra, como pra xulgar a ninguén…

viernes, 15 de febrero de 2013

15 de febreiro de 2013. Qué traballiño nos manda o señor, ou así.







Vale. Esta é unha  primeira e burda (non podía ser doutro xeito) aproximación nesta páxina a un tema que segundo como o collas pode ser ata divertido. Mentres seguimos sacrificando alegremente as nosas vidas á Economía, tomémonos un respiro e meditemos.
            A verdadeira relixión da crase traballadora é, precisamente, aquelo ca define: o traballo. “O traballo diñifica ó home”; “O traballo é saúde”; “O que non traballe que non coma” (ésta é moi boa: orixinal de San Pablo, adoptouna Lenin dous mil anos mais tarde, e cos mesmos fins); “O traballo os fará libres” (inscripción na entrada do parque temático de Auschwitz)…
Dos valores co capitalismo mais e mellor conquiriu incrustar nas nosas mentalidades proletarias é a sacralización do traballo (xunto coa idea do éxito e a do progreso, probablemente). Ata o punto que pra algúns traballadores que se definen como “progresistas”, de “esquerdas” ou incluso “revolucionarios” o traballo en sí, non as condicións do mesmo nen quen explota a quen, é un tema que non debe ser tratado de nengún xeito. Porque o traballo é sagrado. O traballo vertebra á sociedade (e así nos va).
Se alguén dixo algo mellor ca ti, non te comas o tarro; así que segue unha cita de Kropotkin, ben coñecida: “… o dereito ao traballo é o dereito a continuar sendo sempre un escravo asalariado, un home de traballo, gobernado e explotado polos burgueses de sempre.” Que alguén considere o traballo coma un dereito da unha idea do baixo que ten caído a cultura proletaria. Que o fagan os sindicatos que supostamente nos representan e defenden da medo, da carraxe, da risa.
Reparti-lo traballo? Vai de citas. Esta é da Asamblea de Jusseu, Movimento de Parados, do ano 1998, sobre unha das reclamacións “estrela” da chamada “esquerda”: “TRINTA E CINCO HORAS NOLA SUDAN. 35 horas de escravitude asalariada. 35 horas de “Bós días, Sr. Director!” 35 horas de aburrimento. 35 horas de xefeciños. 35 horas de “que chegue pronto o fin de semana”. 35 horas de curros inuteis (animador sociocdultural, representante comercial, axente de medio ambente, mediador pedagóxico, perfumadora, limpiador de caniches, e moitos mais…). 35 horas de curros perxudiciais (empregado no sector nuclear, vixilante, pasmo, periodista, delegado sindical, político, revisor, banquero, asistente social, publicista, xuiz, garda, obreiro das fábricas de semillas tranxénicas, e moitos máis…)”
A seguinte  foto tirouse o primero de maio pasado (festa do traballo, mira ti).  

O mesmo día repartiuse un folleto sobre o tema que nos ocupa que está moi ben, ó vello estilo fanzine e tal, e tiña intención de enchufalo eiquí, pero levo como unha hora intentando subilo e non hai xeito. Así que se alguén o quer, que mo pida. Intentareino outro día.

Inda vou engadir algo que escribin hai tempo pra unha certa publicación (que non cumpriu co seu cometido, pois non mo publicou). Vai un pelín fora de contexto, pero, a estas alturas…
“Sendo o traballo un dereito e un ben social, segundo a moral oficial, estar en paro é unha desgraza, e polo tanto o parado debe ser un desgrazado; de feito, o parado cumpre o seu traballo social consumindo, dando medo ó que traballa, dando lástima, e, loxicamente, intentando topar traballo. A imaxe do parado feliz que non pretende topar traballo é probablemente un dos pesadelos ocultos da xente de orde.”
He, he.
Unha última. Esta non é miña, nen vos vou dicir de quén é, pero invito eu:
“A esperanza está no inesperado”.
A foto de enriba tireina eu en Cangas o novembro pasado. Inda que semella un diablo de Tasmania, en realidade é un jatodecallejón duns 100 gramos de peso. Pero daba medo. Coma nós, ás veces.
Como sodes boa xente (en xeral e sen entrar en moitas matizacións), vos deixo un video do increible Jazzman de Compostela.




E xa está. Saúdos prós que viaxan. Levánse un pouco de nós, pero despois, as veces, voltan, e traennos palabras, imaxes e ñitus-ñitus.

ENGADIDO O 25 DE FEBREIRO



Pois este é o folleto do que falaba antes. Agora xa queda mais completo o chollo. Grazas ó remitente.

martes, 5 de febrero de 2013

5 de febreiro de 2013. Agardando.


Un home só agarda na sá de espera.
Un home, só, agarda na sá de espera.
Senta nunha cadeira, érguese, senta en outra. Hai sitio de abondo. Érguese. Pasea.
Agarda.
Luz branca. Zumbidos. Revistas nunha mesa.
Colle unha e lle bota unha ollada. Non entende nada do que pon alí. Nen sequer sabe en que idioma está escrito. Deixa a revista enriba da mesa. Séntase en outra cadeira. E agarda.
Xunta as mans, coma se estivera pregando.
Descubre que se pode estar mortalmente asustado e mortalmente aburrido ó tempo.
Érguese, camiña ata o outro extremo da sá, séntase en outra cadeira. Agarda.
Chégalle o ruido do tráfico de alá baixo, na rúa. Cré ouvir voces, música. A vida segue, alá abaixo.
Desexaría máis que nada sair pola mesma porta pola que entrou hai … canto hai diso?,  premer o botón do ascensor, chegar ó portal, encender un ducados, sair á rua, empaparse do orballo que antes estaba a cair (seguirá caindo agora?), e camiñar, camiñar rápido sen deterse, sen dirección, esquivando a xente coa que se cruzara, camiñar e  seguer camiñando ata que lle estouparan os pulmóns dunha puta vez.
Cambia de sitio. Colle outra revista, pero nen sequer intenta comprender o que está escrito. Agarda.
Pódese súar e estar morto de frío ó tempo.
Un home só agardando na sá de espera.
Unha porta se abre. Unha voz sen inflexións pronuncia o seu nome.
Érguese e diríxise cara á voz. Obedente, rendido, vendido.

________
A foto de enriba (miña) recolle unha peza, sen título, colección particular, de PFM (purificacionfernandez.blogspot.com). Barro branco e gres (penso). Lévolle tirado mil fotos, e non a remato de coller.
Vos deixo cun extracto dunha obra de teatro que vin hai xa uns cantos anos, e que non me dou quitado da cabeza. A obra é "As veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas", da compañía teatral  Novedous. A  mín deixoume abraiado. Non sei se esta compañía existe na actualidade, nen se é posible ver esta obra nalgures.

E xa está. Se me queredes algo, pois mo decides. Vémonos.